Célebes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Célebes
Vista da illa
Sulawesi map.PNG
Datos
Capital Makassar
País Indonesia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Sonda
Linguas
Poboación (2005) 16 000 000 hab.
Superficie 174.600 km²
Densidade
Coordenadas 2°8′S 120°17′W / 2.133°S 120.283°W / -2.133; -120.283
Maior Altura 3.478 m. Rantemario
Localización
Localización  da illa

Célebes tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"), é unha grande illa de Indonesia, entre Molucas e Borneo. É unha das catro maiores illas de Indonesia.

Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É a decimoprimeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600 km², a illa está rodeada ao oeste por Borneo, ao norte polas Filipinas, ao leste polas Molucas e ao sur por Flores e Timor. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.

A illa esta dividida en seis provincias: Gorontalo, Sulawesi Occidental, Sulawesi Meridional, Sulawesi Central, Sulawesi Suroriental e Sulawesi Setentrional. A máis recente é Sulawesi Occidental, que foi creada en 2004 segregándola de Sulawesi Meridional. As cidades máis poboadas da illa son Makassar na costa sudoccidental e Manado na península do norte.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A illa de Célebes atópase xunto á Liña de Wallace, o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de Australasia. 2.290 km² da illa están incluídos no Parque Nacional de Lore Lindu.

Hai 127 especies de mamíferos coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son endémicas, o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o anoa, unha especie de búfalo de pequeno tamaño.

Bandeira do movemento separatista

En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.

Celebes