Estreito de Macasar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estreito de Macasar
Selat Makassar
Localización administrativa
Estado Indonesia
DivisiónProvincias de Kalimantan Meridional, Kalimantan Occidental, Célebes Central, Célebes Occidental e Célebes Meridional
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Pacífico
ContinenteAsia
Illa/sBorneo, Célebes e Laut
Coordenadas0°0′0″N 118°30′00″L / 0.00000, -118.50000Coordenadas: 0°0′0″N 118°30′00″L / 0.00000, -118.50000
Xeografía
Mares contiguosMar de Célebes e mar de xava (océano Pacífico)
Illas interioresIllas Balabalagan
AfluentesRío Mahakam
Cidades ribeiregasBalikpapan, Macasar, Palu e Bontam
Características
Mapa

Mapa da rexión do estreito

O estreito de Makassar é un estreito entre as illas de Borneo e Célebes en Indonesia. Ao norte únese ao Mar de Célebes, mentres que ao sur atopa o Mar de Xava.

O río Mahakam, na illa de Borneo, verte as súas augas no estreito. Os principais portos situados nas súas costas son os de Balikpapan (780.000 hab. en 2007) e Bontam, en Borneo, e os de Macasar (1.315.000 hab. en 2004) e Palu (335.297 hab. en 2010) en Célebes. A cidade de Samarinda, en Borneo, localizada a beiras do Mahakam, atópase uns 48 km río arriba.

O estreito é unha ruta de envío común para os buques oceánicos que son demasiado grandes para atravesar o Estreito de Malaca.

Extensión[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional (OHI) define o Estreito de Makassar como unha das augas do Arquipélago das Indias Orientais. A OHI define os seus límites como segue:[1]

A canle entre a costa leste de Borneo e a costa oeste de Celebes está delimitada:

No norte. Por unha liña que une Tanjong Mangkalihat, Borneo (1°02′N 118°57′L / 1.033, -118.950) e Stroomen Kaap (Cabo Rivers), Celebes (1°20′N 120°52′L / 1.333, -120.867).

No sur. Por unha liña desde o extremo suroeste de Celebes (5°37′S 119°27′L / -5.617, -119.450), a través da punta sur de Tana Keke, a o extremo sur da Illa Laut (Laoet) (4°06′S 116°06′L / -4.100, -116.100) desde a costa occidental da illa ata Tanjong Kiwi e desde alí cara a Tanjong Petang, Borneo (3°37′S 115°57′L / -3.617, -115.950) no extremo meridional do estreito de Laoet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Macassar Strait: OS (Oceans) National Geospatial-Intelligence Agency, Bethesda, MD, USA