Ardem Patapoutian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArdem Patapoutian

(2022) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hy) Արտեմ Փաթափութեան Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Beirut, Líbano Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Líbano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Americana de Beirute (pt) Traducir
Instituto Tecnolóxico de California
Universidade de California, Os Ánxeles
Q21697976 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía molecular e Fisioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo molecular , neurocientífico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorScripps Research Institute Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua armenia Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpatapoutianlab.org Editar o valor em Wikidata
Twitter: ardemp Editar o valor em Wikidata
Arden Patapoutian, en armenio: Արտեմ Փաթափութեան, nado en 1967 é un biólogo molecular e neurocientífico libanés - estadounidense de orixe armenia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Estudou Química na Universidade Americana de Beirut cunha bolsa da Fundación Calouste Gulbenkian.[1]

Patapoutian investiga a transdución de sinais a partir de sensores. Fixo contribucións significativas á identificación de novas canles iónicas e receptores que se activan pola temperatura, as forzas mecánicas ou o aumento do volume celular. Patapoutian e os seus colaboradores puideron demostrar que estas canles iónicas xogan un papel importante na sensación de temperatura, na sensación de tacto, na propiocepción, na sensación de dor e na regulación do ton vascular. Traballos máis recentes utilizan técnicas de xenómica funcional para identificar e caracterizar canles iónicos mecanosensíbeis (mecanotransdución).

Premios e honras[editar | editar a fonte]

Recibiu o premio W. Alden Spencer 2017 e o premio Rosenstiel 2019. En 2020 foi galardoado, xunto con David Julius, co Premio Kavli[2] e os Premios da Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento.[3]

En 2021 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina xunto con David Julius[4] polas súas investigacións sobre o sistema somatosensorial, a saber, os receptores da temperatura e do tacto.

Conceptos[editar | editar a fonte]

  • As proteínas LRRC8 forman canles aniónicas dependentes de volume que detectan a forza iónica.[5]
  • Piezo2 é o principal transdutor de forza mecánica para a sensación táctil en ratos.[6]
  • SWELL1, unha proteína da membrana plasmática, é un compoñente esencial da canle anión regulada por volume.
  • Piezo2 é necesario para a mecanotransdución das células de Merkel.
  • Os piezos son subunidades formadoras de poros de canles activadas mecanicamente.
  • O papel da Drosophila Piezo na nocicepción mecánica.
  • Piezo1 e Piezo2 son compoñentes esenciais de distintas canles catiónicas activadas mecanicamente.

Publicacións seleccionadas[editar | editar a fonte]

PIEZO1 + PIEZO2[editar | editar a fonte]

PIEZO 2[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nobel da Medicina foi bolseiro Gulbenkian" (en portugués). 2021. Consultado o 30-11-2021. 
  2. 2020 Kavli Prize in Neuroscience www.kavliprize.org. Acesso em 27-5-2020.
  3. "Find out about the BBVA Foundation Frontiers of Knowledge Award.". Premios Fronteras (en inglés). Consultado o 2022-12-26. 
  4. "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 2021" (en inglés). 
  5. Syeda, Ruhma; Qiu, Zhaozhu; Dubin, Adrienne E.; Murthy, Swetha E.; Florendo, Maria N.; Mason, Daniel E.; Mathur, Jayanti; Cahalan, Stuart M.; Peters, Eric C. (2016-01-28). "LRRC8 Proteins Form Volume-Regulated Anion Channels that Sense Ionic Strength". Cell (en English) 164 (3): 499–511. ISSN 0092-8674. PMC 4733249. PMID 26824658. doi:10.1016/j.cell.2015.12.031. 
  6. Ranade, Sanjeev S.; Woo, Seung-Hyun; Dubin, Adrienne E.; Moshourab, Rabih A.; Wetzel, Christiane; Petrus, Matt; Mathur, Jayanti; Bégay, Valérie; Coste, Bertrand (2014-12). "Piezo2 is the major transducer of mechanical forces for touch sensation in mice". Nature (en inglés) 516 (7529): 121–125. ISSN 1476-4687. PMC 4380172. PMID 25471886. doi:10.1038/nature13980. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.