Willem Einthoven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Willem Einthoven
Willem Einthoven.jpg
Datos persoais
Nacemento 21 de maio de 1860
Lugar Semarang (Indonesia)
Falecemento 28 de setembro de 1927, 67 anos
Lugar Leiden (Países Baixos)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Países Baixos
Nacionalidade Neerlandesa
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Medicina
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Polo seu descubrimento do electrocardiograma
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1924)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Willem Einthoven, nado en Semarang, (actual Indonesia), o 21 de maio de 1860 e finado en Leiden (Países Baixos) o 28 de setembro de 1927, foi un médico neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico militar, naceu na colonia holandesa de Xava, hoxe Indonesia. Trala morte do pai, a familia regresou ó seu país, onde Einthoven acabou obtendo a licenciatura en Medicina na Universidade de Utrecht.

Pronto foi nomeado profesor de fisioloxía e histoloxía na Universidade de Leiden, onde desenvolvería o seu labor investigador. Ós 26 anos de idade, era un científico de notable reputación, participaba en numerosos foros científicos internacionais e falaba varias linguas con extraordinario dominio.

En 1901, Einthoven publicou o seu primeiro artigo científico comunicando as súas experiencias co galvanómetro de corda e a súa utilidade para o rexistro dos potenciais cardíacos ("Un nouveau galvanométre. Arch Néerland Sci exactes naturelles, Serie 2, 6:625-633"). Cinco anos máis tarde, describía con detalle as aplicacións clínicas do electrocardiograma nun artigo titulado: "Le telecardiogramme (1906). Arch Int Physiol. 4:132-164". Este artigo sentou as bases para a extraordinaria avalancha informativa que se desenvolveu desde entón acerca desta imprescindible ferramenta na análise cardiolóxica.

Os seus traballos fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina en 1924.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Willem Einthoven Modificar a ligazón no Wikidata