Otto Fritz Meyerhof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Otto Fritz Meyerhof
Robert Barany.jpg
Nacemento 12 de abril de 1884
Hannóver (Alemaña)
Morte 6 de outubro de 1951
Filadelfia (EUA)
Residencia Alemaña, EUA
Nacionalidade Alemá
Campo medicina, fisioloxía, bioquímica
Alma mater Strasbourg Heidelberg
Coñecido por Atopar a relación entre o consumo de osíxeno e o metabolismo do ácido láctico nos músculos.

Otto Fritz Meyerhof, nado en Hannóver o 12 de abril de 1884 e finado en Filadelfia (EUA) o 6 de outubro de 1951, foi un fisiólogo alemán.

Traxectori [editar]

Realizou os estudos de Medicina en Friburgo de Brisgovia e Estrasburgo, e o doutoramento en Heidelberg. Traballou no instituto de Fisioloxía e Bioloxía de Kiel. Foi director do instituto de Fisioloxía e Bioloxía Wilhelm Kaiser, Berlín.

O ascenso do partido nazi obrigou a Meyerhof, de orixe xudía, a emigrar a París, e posteriormente a Estados Unidos. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Pensilvania, e faleceu en Filadelfia, en 1951.

Os seus traballos orientáronse, preferentemente, no proceso químico que se verifica na combustión da glicosa presente no organismo e na liberación de enerxía que se desprende en toda contracción muscular.

Meyerhof comprobou que se a contracción muscular se produce en presenza de osíxeno, a glicosa transfórmase en ácido láctico e este, pola presenza do osíxeno, en anhídrido carbónico e auga.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1922, compartido con Archibald Vivian Hill.