Albert Szent-Györgyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albert Szent-Györgyi
Albert Szent-Györgyi cropped.jpg
Datos persoais
Nacemento 16 de setembro de 1893
Lugar Budapest, Austria-Hungría
Falecemento 22 de outubro de 1986
Lugar Woods Hole, Massachusetts, Estados Unidos
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Albert Szent-Györgyi de Nagyrápolt, nado en Budapest o 16 de setembro de 1893 e finado en Woods Hole, Massachusetts, o 22 de outubro de 1986, foi un fisiólogo húngaro, galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937.

O seu pai, Miklós Szent-Györgyi era terratenente. A súa nai, Jozefin, era filla de József Lenhossék e irmá de Mihály Lenhossék, ambos profesores de anatomía na Universidade de Budapest.

Os traballos de Szent-Györgyi estiveron relacionados coa química da respiración. Na Universidade de Szeged, empregou o pemento como fonte de vitamina C (o L-enantiómero do ácido ascórbico) e deuse conta da súa actividade contra o escorbuto. Estudou a oxidación celular e descubriu a vitamina C en 1927.

En 1937 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos en relación cos procesos de combustión biolóxica, en especial os referidos á vitamina C e a catalese do ácido fumárico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 16 de setembro de 1893 na cidade de Budapest, naqueles momentos dentro do Imperio Austrohúngaro e hoxe en día capital de Hungría. Iniciou os seus estudos de medicina na Universidade de Budapest, que combinou coas súas propias investigacións no laboratorio químico do seu tío. Debido á Primeira Guerra Mundial, onde serviu como médico, tivo que interromper os seus estudos. Durante a Gran Guerra disparouse nun pé para abandonar o fronte, feito que lle permitiu finalizar os seus estudos o ano 1917.

Iniciou a súa investigación científica na cidade de Pozsony, hoxe en día Bratislava. Cando a cidade pasou a facer parte de Checoslovaquia en xaneiro de 1919, abandonou a vila xunto á maior parte de poboación de orixe húngara. Posteriormente desenvolveu a súa investigación na Universidade de Groningen, centrándose na química da respiración celular. Grazas a estes traballos e a unha bolsa da Fundación Rockefeller viaxou á Universidade de Cambridge, onde recibiu o doutoramento en 1927 polo seu traballo no illamento do "ácido hexurónico", hoxe en día denominado Vitamina C.

Posteriormente, na Universidade de Szeged utilizou Capsicum annuum como fonte de vitamina C (o L-enantiómero do ácido ascórbico) e deuse conta da súa actividade anti-escorbútica. O ano 1937 foi galardoado co premio Nobel de Medicina e Fisioloxía «polo seu descubrimento relacionado cos procesos de combustión biolóxica, con especial referencia á vitamina C e á catalese dos ácidos fumáricos».

Durante a Segunda Guerra Mundial participou activamente na Resistencia Húngara. Aínda que Hungría se aliara coas potencias do Eixo, o primeiro ministro húngaro Miklós Kállay enviou a Szent-Györgyi á cidade de Estambul o ano 1944 para realizar negociacións secretas cos Aliados.

Adolf Hitler ditou unha orde de detención de Szent-Györgyi, pero este escapouse da Gestapo e permaneceu agachado dous anos. Despois da guerra recuperou o seu posto e mesmo se especulou coa posibilidade que os soviéticos o nomeasen primeiro ministro, polo que se afiliou ao Partido Comunista de Hungría e foi elixido membro do Parlamento á vez que creou o laboratorio de Bioquímica da Universidade de Budapest e restableceu a Academia de Ciencias de Hungría. Descontento co goberno, emigrou aos Estados Unidos o ano 1947, sendo nomeado cidadán americano o ano 1955.

Durante a súa estancia en norteamérica, creou o seu propio laboratorio na cidade de Woods Hole, situada no estado de Massachusetts e iniciou as súas investigacións sobre o cancro, desenvolvendo teorías sobre física cuántica aplicadas á bioquímica desta enfermidade. Durante a década de 1970 a súa procura conduciuno a deducir que os radicais libres eran unha causa potencial do cancro. Morreu o 22 de outubro de 1986.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Szent-Györgyi