Schack August Steenberg Krogh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
August Krogh
August Krogh Bain 32006.jpg
Nacemento 15 de novembro de 1874
Grenaa (Dinamarca)
Morte 13 de setembro de 1949, 74 anos
Copenhague (Dinamarca)
Residencia Dinamarca
Nacionalidade Danesa
Campo medicina
Coñecido por Por establecer o mecanismo que regula o intercambio gasoso na respiración e por descubrir a fisioloxía dos vasos capilares

Schack August Steenberg Krogh, nado en Grenaa o 15 de novembro de 1874 e finado en Copenhague o 13 de setembro de 1949, foi un fisiólogo danés.

Traxectoria [editar]

De etnia xitana, cursou estudos na Universidade de Copenhague, da que foi profesor de fisioloxía animal desde 1916 até 1945.

Comezou as súas investigacións en Grenlandia, relativas ó sistema respiratorio dalgúns animais e do home. Durante as súas investigacións desenvolveu un microtonómetro para medir a tensión do osíxeno e do anhídrido carbónico no sangue arterial. Posteriormente as súas investigacións dirixíronse cara ó estudo das actividades funcionais dos vasos capilares.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina por establecer o mecanismo que regula o intercambio gaseoso na respiración e por descubrir a fisioloxía dos vasos capilares.