Christiaan Eijkman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Christiaan Eijkman
Christiaan Eijkman.jpg
Nacemento 11 de agosto de 1858
Nykerk (Países Baixos)
Morte 5 de novembro de 1930, 72 anos
Utrecht (Países Baixos)
Residencia Austria, Suecia
Nacionalidade Neerlandesa
Campo Medicina
Coñecido por Polas súas investigacións sobre as enfermidades por carencias na dieta

Christiaan Eijkman, nado en Nykerk, Países Baixos, o 11 de agosto de 1858 e finado en Utrecht, Países Baixos, o 5 de novembro de 1930, foi un fisiólogo neerlandés.

Traxectoria[editar]

En 1875 empezou os seus estudos de medicina na Escola Médica Militar da Universidade de Amsterdam, obtendo a licenciatura e converténdose en oficial médico militar. De 1879 a 1881, foi asistente de fisioloxía na devandita universidade. En 1883 trasladouse a Sumatra e, dous anos máis tarde, a Xava, onde foi contaxiado de paludismo, o que fixo que regresase a Holanda. Xa en Europa, traballa aspectos relacionados coa bacterioloxía con Robert Koch na Universidade de Berlín.

Durante a súa estancia en Xava (de 1886 a 1897), descubriu que as galiñas alimentadas con arroz sen casca desenvolvían polineuritis (enfermidade similar ó beriberi), en tanto que as que o comían con casca permanecían sas, chegando á conclusión de que a enfermidade podía deberse á falta de certas sustancias non coñecidas, que máis tarde serían chamadas vitaminas. Este traballo de investigación, o primeiro dos realizados sobre as enfermidades por carencias na dieta, levou máis tarde ó descubrimento da vitamina B1 (tiamina).

Por estes descubrimentos, foi galardoado en 1929 co Premio Nobel de Medicina, compartido con sir Frederick Gowland Hopkins.

De regreso ó seu país, entre 1898 e 1928 foi profesor na Universidade de Utrecht.

Véxase tamén[editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas[editar]