Carol Greider

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carolyn Widney "Carol" Greider
Carol Greider 2009-01.JPG
Nacemento 15 de abril de 1961
San Diego, California
Campo

Carolyn "Carol" Widney Greider, nada en San Diego o 15 de abril de 1961, é unha bioquímica estadounidense, descubridora da telomerasa, unha encima que forma os telómeros durante a duplicación do ADN. Recibiu xunto con Elizabeth Blackburn e Jack Szostak en 2009 o Premio Nobel de Medicina.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]