Ronald Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Ronald Ross
Ronald Ross.jpg
Nacemento 13 de maio de 1857
Almora (India)
Morte 16 de setembro de 1932
Londres (Gran Bretaña)
Residencia Escocia, India
Nacionalidade Escocesa
Campo naturalista, médico, matemático, zoólogo, entomólogo
Alma mater Hospital de San Fratbore
Coñecido por Descubrir o parasito da malaria

Sir Ronald Ross, nado en Almora (India) o 13 de maio de 1857 e finado en Londres o 16 de setembro de 1932, foi un naturalista, médico, matemático, zoólogo, entomólogo escocés, quen relacionou a malaria cos mosquitos.

Traxectoria [editar]

Estudou medicina no Hospital de St. Bartholomew de Londres. Médico militar en 1881, once anos despois comezou a investigar a transmisión e o control da malaria. Mentres dirixía unha expedición por África Occidental en 1889, identificou a presenza de mosquitos portadores da enfermidade e organizou o seu exterminio a gran escala.

En 1895 Ross puxo en marcha unha serie de experimentos que demostraron que a malaria é transmitida por mosquitos; descubriu tamén o ciclo vital do parasito da malaria no mosquito Anopheles. Por este descubrimento foi galardoado en 1902 co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.

En 1913 foi nomeado médico de enfermidades tropicais do King's College Hospital, en Londres. Pouco despois foi nomeado director xefe do Instituto e Hospital para Enfermidades Tropicais Ross de Londres. Ross foi elixido membro da Royal Society en 1901 e nomeado Sir en 1911.

Tamén publicou poemas, novelas e estudos matemáticos.

Véxase tamén [editar]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Ronald Ross
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]