Gerty Theresa Cori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gerty Theresa Cori
Gerty Theresa Cori.jpg
Nacemento 15 de agosto de 1896[1]
Praga, Austria-Hungría
Morte 26 de outubro de 1957[1]
St. Louis, Missouri, Estados Unidos
Campo

Gerty Theresa Cori (1896-1957) foi unha bioquímica norteamericana.

Naceu en Praga como Gerty Theresa Radnitz, no aquel entón Imperio Austro-Húngaro.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina no ano 1947 xunto con Carl Ferdinand Cori[1], seu marido, pola súa descoberta da conversión catalítica do glicóxeno, tras o seu desenvolvemento profesional na Universidade de Washington en St. Louis, Misuri (EEUU).


Véxase tamén [editar]

Referencias [editar]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gerty Cori - Biography nobelprize.org

Outros artigos [editar]