George Hoyt Whipple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Hoyt Whipple
George Whipple nobel.jpg
Datos persoais
Nacemento 28 de agosto de 1878
Lugar Ashland, New Hampshire
Falecemento 1 de febreiro de 1976
Lugar Rochester, Nova York
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Estados Unidos de América
Nacionalidade
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo Medicina
Alma mater Universidade Johns Hopkins
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Terapia contra a anemia
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Medicina (1934)

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

George Hoyt Whipple, nado en Ashland, Nova Hampshire o 28 de agosto de 1878 e finado en Rochester, Nova York o 1 de febreiro de 1976, foi un médico e profesor universitario estadounidense.Os seus traballos fundamentais de investigación médica foron sobre a función dos nutrientes na estimulación da medula ósea. Obtivo o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1934, compartíndoo con William Parry Murphy e George Richards Minot.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ashley Cooper Whipple e Frances Anna Hoyt, naceu en Ashland, New Hampshire. Era fillo e neto de médicos. Foi á Phillips Academy e logo á Universidade de Yale, onde se graduou en 1900. Logo estaría na Universidade Johns Hopkins, onde se doutorou en 1905.

Whipple traballou logo no departamento de patoloxía de Hopkins até que foi para Panamá, durante a construción da Canle de Panamá, como patólogo para o Ancon Hospital en 1907–08. Logo volvería para Baltimore, para traballar para a Universidade Johns Hopkins entre 1910 e 1914.

En 1914, Whipple foi nomeado director da Fundación Hooper para a Investigación Médica na Universidade de California. Foi decano na facultade de medicina desta universidade en 1920 e 1921.

A instancias de Abraham Flexner, que fixera estudos pioneiros na educación médica, e o presidente da Universidade de Rochester, Rush Rhees, Whipple aceptou en 1921 ser profesor na recente e aínda en construción facultade de medicina de Rochester. Traballaría para este centro até 1954 e ficaría en Rochester para o resto da súa vida, sendo recordado como un gran profesor.[1] Whipple faleceu en 1976 con 97 anos e está soterrado no Mount Hope Cemetery de Rochester.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Notas autobiográficas de Lauren V. Ackerman. IN: Rosai J (Ed): Guiding the Surgeon's Hand, American Registry of Pathology, Washington, D.C., 1997; pp. 275–285.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]