Ivan Pavlov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivan Pavlov.

Ivan Petrovič Pavlov, nado en Rjazan o 14 de setembro de 1849 e finado en San Petersburgo o 27 de febreiro de 1936, foi un médico fisiólogo ruso.

[editar] Traxectoria

O seu nome está ligado ao descubrimento do refrexo condicionado, que deu a coñecer en 1903. Tal descubrimento consiste en aplicar os métodos obxectivos da fisioloxía ao estudo dos procesos nervosos superiores. Pavlov chegou a este descubrimento mentres, utilizando cans, desenvolvía investigacións sobre a dixestión, campo no que realizou contribucións importantes que o levaron a que lle fose concedido o premio Nobel de Medicina e Fisioloxía no ano 1904.

É ben coñecido o seu clásico experimento: asociando, un certo número de veces, un son de campá á presentación de carne a un can, ao final a badalada determina a salivación (o vulgar facerse a boca auga) no can, que antes de certo non se producía; xa que o can se comporta así a causa dun reflexo condicionado provocado artificialmente.

Os reflexos condicionados naturais e artificiais, a súa modalide de formación e de acción, son asunto de grande importancia en fisioloxía, psicoloxía e psiquiatría, aínda que con resultados alternos.

O goberno soviético preparoulle a Pavlov un magnífico laboratorio en Koltushing, perto de Leningrado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas