Hans Memling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Memling
Autorretrato, fragmento do Retablo de John Donne de Kidwelly (ca. 1480) (National Gallery, Londres).

Hans Memling foi un pintor nado na Alemaña, en Seligenstadt entre 1435 e 1440. Estabelecido enFlandres, onde morreu na cidade de Bruxas en 1494, considérase un pintor flamengo.

Biografía [editar]

Pintor de grande reputación en vida, tanto en Bruxas como en Italia, en Alemaña ou en Inglaterra, logo esquecido inxustamente durante varios séculos, Hans Memling foi redescuberto a comezos do século XIX polos alemáns, especialmente por Schlegel. Prezado pola masa e mal estimado polos historiadores da arte, ocupa hoxe un lugar especial entre os primitivos flamengos. Herdeiro de Rogier van der Weyden, encarna un xuste medio en valoración, unha sorte de clasicismo que conmove pola súa sinxeleza e finura. A súa arte salienta en dous dominios:a serenidade e a suavidade. E a serenidade da súa concepción artística o que de primeiras chama a atención, cando un considera os seus cadros máis auténticos: "A Virxe entre santos" e a "Adoración dos Reis Magos" ambos a dous custodiados no Hospital de San Xoán (Johannishospital), en Bruxas.

Obras [editar]

  • O Xuízo Final (1467-1471), Museo Nacional (Muzeum Narodowe), Gdánsk,
  • O Johannishospital posúe os traballos principais do artista en Bruxas:
    • Vodas de santa Catalina, retablo (1479),
    • Adoración dos Reis Magos (1479),
    • Retrato de María Moreel, como Sibylla persica (1480),
    • Virxe e Neno con o doante Martin van Nieuwenhoven (1487)
    • O relicario de santa Úrsula con 6 episodios da lenda das 11. 000 virxes (1489).

Hans Memling 002.jpg Hans Memling 007.jpg Hans Memling 003.jpg Mittelteil Hans Memling 008.jpg Hans Memling 006.jpg Hans Memling 005.jpg Os 7 paneis do retablo políptico de Lübeck

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: