Fiorella Faltoyano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFiorella Faltoyano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Luis Tafur (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaFernando Méndez-Leite (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0266540 Allocine: 49671 Allmovie: p195882 TCM: 919770 Editar o valor em Wikidata

María Blanca Fiorella Renzi Gil, coñecida como Fiorella Faltoyano, nada en Málaga o 19 de outubro de 1949 é unha actriz española de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

Cando naceu Fiorella Faltoyano coñeceu unicamente a súa nai, María Asunción Gil Paradela (1921-2007), filla á súa vez do político católico afincado en Monforte de Lemos Andrés Gil Municio (falecido en 1957[1]). Quen lle deu o apelido Renzi foi o italiano Giovanni Renzi, que casou daquela coa nai, mentres que o nome artístico llo deu a parella posterior da súa nai, o empresario malagueño Constantino Faltoyano, e que foi tamén o pai dos seus dous medio-irmáns, Mauricio e Constantino, tamén empresarios.

O nome do pai non se soubo ata o ano 2012, cando unhas probas de ADN sinalaron a quen fora alcalde de Pantón, Ramón Pardo Arias, falecido en 1998. Pardo Arias e Gil Paradela foran mozos durante varios anos, pero ao pouco de quedar embarazada a nai de Fiorella Faltoyano separáronse para sempre[2].

Carreira artística[editar | editar a fonte]

De nena viviu en Málaga e en Madrid. Cursou estudos dramáticos e en 1967 debutou coa compañía teatral de Nati Mistral. Case ao mesmo tempo aparece no filme Club de solteros, de Pedro Mario Herrero e acada popularidade como actriz nos programas de teatro en televisión Hora once, Teatro de siempre, Estudio 1 ou Novela e como presentadora do espectáculo ¡Señoras y señores!, na versión realizada por José María Quero en 1974-75.

En 1977 logra o seu maior éxito cinematográfico como protagonista de Asignatura pendiente, de José Luis Garci, xunto a José Sacristán. Con Garci e Sacristán repite en Solos en la madrugada (1978) e en Canción de cuna (1994). Roda outras películas, entre elas La colmena (1982) e Después del sueño (1992), de Mario Camus; ¡Biba la banda! (Ricardo Palacios, 1987); La sombra del ciprés es alargada (Luis Alcoriza, 1990) e La sal de la vida (Eugenio Martín, 1996).

Paralelamente potenciou a súa carreira televisiva, ao participar en La máscara negra (1982), Tango (1991), La Regenta (1995), Hermanos de leche (1994-95), Cuéntame cómo pasó (2003-04), Obsesión (2005), Hospital Central (2006), Alfonso, el príncipe maldito (2010) ou Amar en tiempos revueltos (2011).

Para o teatro protagonizou Ellas, la extraña pareja (2001-02), La calumnia (2004-07), Agnes de Dios (2007-09) e Galdosiana (2009-10), obras en que compartiu cartel e labores de produción coa actriz Cristina Higueras a través da súa compañía Nueva Comedia.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos
Año Categoría Película Resultado
1994 Mellor actriz Canción de cuna Gañadora

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou co produtor cinematográfico José Luis Tafur Carande, de quen tivo un fillo. Logo de separarse del comezou unha nova relación sentimental co director de cine Fernando Méndez-Leite. Ten dúas netas[4].

Libros publicados[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]