Dirk Bouts
Dirk Bouts, ou Dieric Bouts, coñecido tamén como Dirk Bouts o vello ( Haarlem, ca. 1415 - Lovaina, 1475) foi un pintor holandés activo na época dos primitivos flamengos, entre os que se inclúe.
Índice |
Biografía[editar]
Sábese pouco da vida deste artista. A nota biográfica que lle consagrou Carel van Mander (1604), a pesar da devoción do autor, está chea de lagoas. Consonte Van Mander tería nacido en Haarlem. Ignórase quen foi o seu mestre. As súas primeiras obras testemuñan a influencia de Van der Weyden, e tamén de Petrus Christus[1].
Ao final da década de 1450, casa cunha certa Katharina van der Brugghen, membro da burguesía de Lovaina, entón en plene expansión económica e artística. Terán catro fillos. Os dous homes, Dirk o Mozo e Albrecht Bouts foron tamén pintores[2].
En 1468, foi nomeado pintor oficial da cidade de Lovaina. En 1473, dous anos antes da súa morte, casou en segundas nupcias con Elisabeth Van Voshem[3].
Obra[editar]
Bouts é famoso polas súas numerosas táboas de tema relixioso, das que salienta a Virxe co Neno. Na maioría das obras utilizou o soporte de madeira, sobre o que pintaba ao óleo. Dominaba a perspectiva como é evidente polos decorados moi precisos, nos cales quedan integrados os persoaxes de xeito totalmente coherente. Porén os seus persoaxes carecen da emotividade que transmite un Van der Weyden. Dirk Bouts foi un pintor aprezado na Península Ibérica.
Selección[editar]
- Retablo da Virxe (1445/1450), Museo do Prado, Madrid.
- Retablo do Santo Sacramento (1468), Colexiata de Saint-Pierre de Lovaina, tríptico que se conserva no seu lugar orixinario.
- Último Xuízo (1469 ?), só dúas follas do tríptico orixinario, Palais des Beaux-Arts de Lille.
- Cea en casa de Simón o fariseo (ca. 1445-1450), Gemäldegallerie Neue Meister, Berlín.
- Virxe co Neno (ca. 1455), Metropolitan Museum of Art, New York.
- Xustiza do emperador Otón (ca. 1471 - 1475), Museos Reais de Belas Artes de Bálxica, Bruxelas; paradigma de cadros que soían exhibirse nas casas dos concellos das cidades dos Países Baixos.
- Santo Enterro, National Gallery, Londres.
- Lamentación, Museo do Louvre, Paris.
- Retablo da Paixón (1455), tríptico na Capela Real da Catedral de Granada.
Galería[editar]
Notas[editar]
- ↑ name="dico">Dictionnaire des peintres belges
- ↑ name="dico"
- ↑ name="dico"