Isabel (serie de televisión)
| Isabel | |
|---|---|
| Formato | Drama histórico |
| Dirixido por | Jordi Frades |
| Intérpretes | Michelle Jenner Rodolfo Sancho Pablo Derqui Bárbara Lennie Pedro Casablanc |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Castelán |
| Número de temporadas | 1 (+1) |
| Número de episodios | 13 |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Jaume Banacolocha |
| Duración | 70 min aprox. |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | La 1 |
| Tempo de emisión | 10 de setembro de 2012 – actualidade |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Isabel é unha serie de televisión española de carácter histórico estreada o 10 de setembro de 2012, ambientada na vida da raíña Isabel I de Castela, que abarca desde a súa infancia ata a súa coroación, pasando polas guerras civís polo trono de Castela, o seu matrimonio con Fernando de Aragón e as intrigas diplomáticas na convulsa Europa de finais do século XV.
Está producida por Diagonal TV para Televisión Española e a súa primeira e polo momento única tempada, de trece episodios, comezou a rodarse no verán de 2011.[1][2] Varias cadeas de televisión europeas e americanas xa mostraron o seu interese en comprar os seus dereitos.
A serie debería ser estreada o luns 30 de xaneiro de 2012, como anunciou a cadea, tras o final de tempada de Águila Roja, con todo, debido á crise vivida por RTVE tras o recorte de 200 millóns no seu orzamento, segundo anunciou o Goberno en xaneiro, polo que a súa emisión pospúxose a oito meses logo do esperado.[3]
O 22 de novembro de 2012, Televisión Española e Diagonal TV anunciaron a renovación da serie para unha segunda tempada que se empezará a rodar en febreiro do 2013 e comezarase a emitir no mes de setembro dese mesmo ano.[4]
Índice |
Argumento [editar]
A serie está baseada na vida da raíña Isabel a Católica, abarcando desde 1461 a 1474 e narra parte da súa nenez, o seu matrimonio con Fernando o Católico e o seu duro camiño cara ao trono de Castela.[5]
A segunda tempada acollerá a guerra civil polo trono entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, así como a toma de Granada e as viaxes de Cristovo Colón cara ás Indias.
Reparto [editar]
Capítulos e audiencias [editar]
| Capítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
|---|---|---|---|---|
| PRIMEIRA TEMPADA | ||||
| 1 | Isabel, la reina | 10 de setembro de 2012 | 3.529.000 | 20,1% |
| 2 | Campanas de boda | 17 de setembro de 2012 | 3.736.000 | 20,2% |
| 3 | La negociación | 24 de setembro de 2012 | 3.881.000 | 20,3% |
| 4 | Tragedia en la corte | 1 de outubro de 2012 | 3.361.000 | 16,1% |
| 5 | El Pacto de Guisando | 8 de outubro de 2012 | 3.378.000 | 16,9% |
| 6 | La figura del rey | 15 de outubro de 2012 | 3.801.000 | 18,3% |
| 7 | La reina muerta | 22 de outubro de 2012 | 3.952.000 | 18,9% |
| 8 | ¿Nueva guerra? | 29 de outubro de 2012 | 4.278.000 | 20,7% |
| 9 | Boda real | 5 de novembro de 2012 | 4.626.000 | 22,0% |
| 10 | Nacimiento | 12 de novembro de 2012 | 4.503.000 | 21,3% |
| 11 | El principio del fin | 19 de novembro de 2012 | 4.299.000 | 20,4% |
| 12 | Elecciones | 26 de novembro de 2012 | 4.342.000 | 20,3% |
| 13 | La nueva reina | 3 de decembro de 2012 | 4.651.000 | 22,6% |
Notas [editar]
- ↑ Comeza a rodaxe de 'Isabel', ficción histórica de máxima calidade para as noites de La 1 de TVE - RTVE.es
- ↑ Isabel, nova serie de TVE - LoMásDeLaTele
- ↑ 'Isabel' chegará finalmente a La 1 este outono, oito meses logo do esperado
- ↑ 'Isabel' terá segunda tempada Rtve.es
- ↑ Isabel, unha muller moderna que reinou nunha corte chea de homes ambiciosos