Sandro Botticelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Botticelli")
Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi

Suposto autorretrato que figura na súa pintura Adoración da Virxe medicea
Nome Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi
Nacemento 1 de marzo de 1445
Lugar de nacemento Florencia Italia Italia
Morte 17 de maio de 1510
Lugar de morte Florencia
Nacionalidade italiano
Eido pintura
Movemento Renacemento italiano
Traballos Primavera
O nacemento de Venus
Adoración dos Magos


Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Índice

[editar] Biografía

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo o seu aprendizado da ourivesaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourives, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talente non fose recoñecido debidamente.

en y NiñAlí realizou tres grandes frescos:

Logo voltou para Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera con as súas obras, de xeito que decidíu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e máis Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lorenzo o Magnífico, nunha "vila" perto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidiren sobre a fachada do Duomo de Floencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi logo retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidiren onde colocar a estatua de [[David (Miguelánxelo)|David] de Miguelánxelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non-naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

[editar] Obras (selección)

Home con a medalla de Còsimo de Médicis
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

  • A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Última comunión de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
  • Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
  • Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdam
  • Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge (Massachusetts)
  • Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
  • Cuatro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
    • Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nueva York
    • Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
  • Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres

[editar] Galería de pinturas

[editar] Galería de Debuxos

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas