Prudencio de Sandoval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Íntegro, en pdf: Antigvedad de la civdad, y iglesia cathedral de tvy, y de los obispos qve se save aya auido en ella, escrito polo bispo Fray Prudencio de Sandoval en 1610.

Frei Prudencio de Sandoval, nado en Valladolid en 1553 e finado en Pamplona no ano 1620, foi un clérigo bieito, bispo de Tui de 1608 a 1612 e de Pamplona desde esa data até a súa morte, e historiador español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Continuou a crónica iniciada por Florián de Ocampo e Ambrosio de Morais, recompilando gran cantidade de fontes documentais, sen demasiada crítica. Utiliza moitos datos de Guevara e Mejía. A súa Vida e Feitos do Emperador Carlos V é considerada como fonte fundamental polos historiadores do período.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Historia de la vida y hechos del emperador Carlos V
  • Historia de los reyes de Castilla y León o Historia de los cinco reyes (Pamplona, 1615).
  • Crónica del ínclito emperador de España don Alonso VII (1660).


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Francisco Terrones del Caño
Bispo de Tui-Vigo
1608 - 1612
Sucesor:
Juan García Valdemora
Predecesor:
Antonio Venegas y Figueroa
Bispo de Pamplona
1612 - 1620
Sucesor:
Francisco Hurtado de Mendoza y Ribera

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]