Península de California
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A península de California é unha península localizada no noroeste de México. Penetra no océano Pacífico, formando o golfo de California entre a súa costa oriental e as costas de Sonora e Sinaloa. Ten unha lonxitude aproximada de 1 250 km e comprende os estados mexicanos de Baja California e Baja California Sur. Inicia na fronteira de México con Estados Unidos.
En conxunto a península de California ten un gran potencial turístico, debido a que as súas praias atraen tanto os residentes da mesma península como a visitantes dos estados de California, Arizona e Nevada, de onde provén un importante e constante fluxo turístico.
- Cidades principais da Península de California
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |