Reinhold Gerstetter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaReinhold Gerstetter
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Leonberg Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñador de selos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

Reinhold Gerstetter, nado en Leonberg, no estado de Baden-Württemberg, o 18 de outubro de 1945, é un artista, litógrafo e deseñador gráfico alemán. É coñecido particularmente polos seus deseños de billetes de banco e selos para diversas institucións emisoras e, neste ámbito, destaca por ser o responsable do redeseño da segunda tiraxe dos billetes de euro, coñecida como serie "Europa".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reinhold Gerstetter estudou deseño gráfico na Academia Estatal de Belas Artes de Stuttgart e nos anos posteriores desenvolveu o seu traballo no ámbito da gráfica publicitaria en Londres, Haifa e Berlín. Entre 1979 e 2002 traballou para a Imprenta Federal Alemá (Bundesdruckerei), onde exerceu como deseñador de selos de correos de Alemaña e tamén doutros países, como Israel, Bolivia e o Perú.

En 1987 elixiuse a súa proposta de deseño para a cuarta e derradeira serie de billetes con valor en marcos alemáns, que permaneceu en circulación entre 1990 e 2002, antes da introdución do euro como moeda europea. Pouco tempo despois foi proclamado vencedor do concurso convocado polo Banco de España para os deseños dos billetes de 1.000 e 5.000 pesetas, que se emitiron en 1992 e circularon ata a súa desaparición en 2002.[2]

Gerstetter tamén presentou unha proposta para o deseño da primeira serie dos billetes de euro a principios da década de 2000, aínda que esta non resultou elixida, xa que finalmente se optou pola do deseñador austríaco Robert Kalina.[3]

No entanto, Reinhold Gerstetteren foi seleccionado en maio de 2013 polo Banco Central Europeo para o deseño da segunda edición de billetes de euro, coñecida como "serie Europa". Neste caso, tratábase dun redeseño que tomaba como base e inspiración o orixinal de Kalina.[4][5]

Dáse a circunstancia de que a súa filla, Avitall Gerstetter (nada en 1972) é coñecida por ser a primeira muller "cantora", encargada de dirixir os cantos nunha sinagoga en Alemaña, como membro do movemento Renovación Xudaica.[6]

Galería de deseños de Reinhold Gerstetter[editar | editar a fonte]

Billetes en marcos alemáns[editar | editar a fonte]

Billetes en pesetas[editar | editar a fonte]

Segunda serie de billetes en euros[editar | editar a fonte]

Selos de correos de Alemaña[editar | editar a fonte]

Outros documentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maak, Benjamin. "Der schönere Schein". En Spiegel Online. 30 de decembro de 2001.
  2. "Billetes y monedas en pesetas: los últimos billetes emitidos". Banco de España.
  3. "Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En http://www.geldschein.at.
  4. Gerstetter, Reinhold. "Trajes nuevos para el euro Arquivado 10 de agosto de 2018 en Wayback Machine.". En Billetería. Nº 10. Banco de España. Páxina 21.
  5. "Reinhold Gerstetter – Designer der zweiten Euro Serie (Europa-Serie)". En www.geldschein.at.
  6. "Cantors: Avitall Gerstetter". En Jewish Community of Berlin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]