Azalea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azalea
Azalea branca en Oleiros
Azalea branca en Oleiros
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: 'Rhododendron'
Subxénero: Pentanthera
Tsutsusi
Especies

véxase no texto


Fonte: RBG, Edinburgh

Azaleas arroibadas de cinco anos

As azaleas[1] son arbustos de flor clasificadas na actualidade en dous dos subxéneros de Rhododendron - o subxénero Pentanthera, tipificado por Rhododendron nudiflorum e mais o subxénero Tsutsusi co Rhododendron tsutsusi. Existen azaleas de follas caedizas e azaleas de follas perennes. Son moi comúns na xardinaxe de Galiza, xa que se adaptan moi ben aos solos e condicións climáticas do país.

Unha das diferenzas principais entre as azaleas e o resto da familia do rododendro é o seu tamaño e o crecemento da flor. Os rododendros desenvolven as flores en acios, mentres que a meirande parte das azaleas teñen floracións terminais (unha flor por cada talo floral). Porén, botan tantos talos que durante a estación florecente conforman unha sólida masa colorida que van dende o rosa, vermello, laranxa, amarelo, púrpura ou branco.

Os híbridos de azalea lévanse creando centos de anos. Estas modificacións xenéticas feitas polo ser humano produciron máis de 10.000 especies cultivares diferentes que se propagan a partir de esgallos. Tamén se poden apañar e facer xermolar as sementes.

Estas plantas necesitan un solo bien drenado, preferentemente acedo, e unha exposición sombreada e fresca. O uso de fertilizantes é opcional. Algunhas das especies necesitan podas regulares.

Enfermidades: Araña vermella, afidios, marcescencia das flores.


Na cultura chinesa, a azalea coñécese coma sixiang shu e é inmortalizada en numerosas poesías e contos.


A azalea é o símbolo da cidade de São Paulo, no Brasil.[2]


As azaleas, malia a súa beleza, son moi tóxicas, polo contido en andromedotoxinas tanto nas súas follas coma no seu nectar, Un dato curioso é que o mel producido por abellas a partir destas flores é altamente velenoso para os seres humanos, mentras que é inofensivo para os insectos[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Azalea