National Geographic Adventure
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
National Geographic Adventure, máis coñecido como Nat Geographic Adventure, é unha canle de pago que forma parte da National Geographic Channels International. Diríxese a unha audiencia nova baseando a súa programación na exploración, nas viaxes e historias de xente que desenvolve esas actividades. Emite para Asia, África e Oceanía, tamén existen versións para Italia e Francia. Ata o 1 de maio de 2007 cando se denominava Adventure One tamén se vía no Reino Unido e Irlanda pero nesa data substituíuse por Nat Geo Wild.