Chunta Aragonesista
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Chunta Aragonesista (CHA) | |
|---|---|
| Partido político de Aragón | |
| Líder | Nieves Ibeas |
| Fundación | 29 de xuño de 1986 |
| Sede | Rúa Conde de Aranda 14-16, 1º 50003 Zaragoza |
| Ideoloxía | Nacionalismo aragonés Socialdemocracia Federalismo |
| Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
| Mocidades | Chobentú Aragonesista. Anteriormente, Chobenalla Aragonesista |
| Publicación oficial | Aragón Libre |
| Páxina web | http://www.chunta.com |
A Chunta Aragonesista (CHA) é un partido político nacionalista aragonés de esquerdas.
Ideoloxía [editar]
Considéranse influidos polas experiencias do movemento socialista, dos movementos pola emancipación social e nacional, e das correntes ecopacifistas, feministas e humanistas. Ten sido un dos partidos que máis se ten pronunciado en defensa do Ebro e contra a política de trasvases dos gobernos de España. Defenden o dereito de autodeterminación para o pobo aragonés.
A Chunta Aragonesista é membro da Alianza Libre Europea e da coalición europea Europa dos Pobos.