Josep Antoni Duran i Lleida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Durán en maio de 2011.

Josep Antoni Duran i Lleida, nado en Alcampell (Huesca) o 27 de marzo de 1952, é un político catalán ligado a CiU. É diplomado en Comunidades Europeas polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito. Comezou a súa carreira política exercendo o cargo de tenente de alcalde do Concello de Lleida. Ao ano seguinte deixou este cargo para ser nomeado Director Xeneral de Asuntos Interdepartamentales da Generalitat de Catalunya. En 1982 foi elixido deputado nacional e nomeado delegado Territorial da Generalitat en Lleida. En 1986 foi reelixido, por terceira vez, como deputado. Durante 1986 e 1987 foi eurodiputado. En 1999 foi elixido como deputado ao Parlamento de Cataluña sendo nomeado conselleiro de Gobernación da Generalitat (cargo que exerceu ata 2001). Foi nomeado o ano 2003 fillo ilustre de Alcampell; ao acto asistiu o presidente da Deputación Xeral de Aragón, Marcelino Iglesias.

Actualmente é deputado por Barcelona elixido nas eleccións xerais de 2008, reelixido nas adiantadas do 20 de novembro de 2011, e portavoz do Grupo Parlamentario catalán (CIU) (GC-CIU). É ademais, presidente do Comité de Goberno de Unió Democrática de Catalunya (UDC), cargo que desempeñou no período 1982-1984 e desde 1987 ata a actualidade, e, desde 2001, Secretario Xeral de Convergència i Unió (CIU).

En 2004 foi elixido Presidente da Comisión permanente de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, cargo que repetiu en 2008 e 2011.

Hai que apuntar que foi vicepresidente da Internacional Demócrata Cristiá e que ocupa a Presidencia de Honra da Cámara de Comercio de Chile en Barcelona.

En novembro de 2011 era o quinto político mellor valorado, por detrás de Rosa Díez, Uxue Barkos, Mariano Rajoy e Alfredo Pérez Rubalcaba.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]