Rosa Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa Díez
Rosa Diez.jpg
Rosa Díez
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 27 de maio de 1952 (62 anos)
Lugar: Sodupe, España Flag of Spain.svg
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Unión Progreso y Democracia (dende 2007)
Partido Socialista Obrero Español (até 2007)
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Conselleira de Comercio do Goberno Vasco 4 de outubro de 1991- 3 de febreiro de 1997, Europarlamentaria polo PSOE
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Política
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Rosa Díez González, nada en Sodupe, Güeñes (Biscaia) o 27 de maio de 1952, é unha política de orixe vasca. Foi deputada do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) no Parlamento Europeo, dende 1999 ata o 30 de agosto de 2007, cando abandonou o PSOE e deixou a súa acta de eurodeputada para fundar o novo partido Unión Progreso y Democracia (UPyD).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun obreiro socialista preso e condenado a morte durante a ditadura franquista[Cómpre referencia], aínda que a súa pena foi finalmente perdoada.

Estudou para administrativa e traballou como funcionaria na Administración do Estado. Tras seis anos como conselleira de Turismo do Goberno Vasco era unha das dirixentes do PSE - EE con maior popularidade. Tamén foi parlamentaria no Parlamento Vasco antes de ser elixida europarlamentaria en 1999. No Congreso do seu partido do ano 2000, tralas eleccións xerais nas que o PP obtivo maioría absoluta, Rosa Díez competiu contra José Luis Rodríguez Zapatero, José Bono e Matilde Fernández pola Secretaría Xeral do PSOE.

Conselleira do Goberno Vasco[editar | editar a fonte]

Foi conselleira de Comercio, Consumo e Turismo do Goberno Vasco baixo a presidencia de José Antonio Ardanza, do Partido Nacionalista Vasco, entre o 4 de outubro de 1991 e o 3 de febreiro de 1998. Igualmente, foi deputada no Parlamento Vasco, o que aumentou a súa visibilidade social.

En 1998 presentouse ás eleccións primarias do PSE-EE para elixir candidato a lehendakari, que gañou Nicolás Redondo Terreros.

Eurodeputada[editar | editar a fonte]

Desde o ano 1999 ata o 2007 foi europarlamentaria. Na votación da proposta a favor do proceso de paz con ETA defendido polo Grupo dos Socialistas Europeos[1] abstívose.

Mantivo friccións coa dirección do Partido Socialista de Euskadi e o PSOE en relación coa postura de diálogo do goberno español e vasco co contorno de ETA[2].

Abandono do PSOE[editar | editar a fonte]

En agosto de 2007, trala creación uns meses atrás da Plataforma Pro, unha plataforma nacida no seo de ¡Basta Ya!, anunciou a súa saída das filas do PSOE[3] para integrarse na devandita plataforma (onde se atopan tamén outros personaxes da vida pública como Fernando Savater ou Carlos Martínez Gorriarán), cos que máis tarde colaboraría para crear un novo partido político español, Unión Progreso y Democracia, da cal é voceira e secretaria xeral. Cómpre sinalar que unha vez fóra do PSOE estivo un tempo participando activamente en actos da asociación Ciutadans de Catalunya[4].

Perfil político[editar | editar a fonte]

Desde sectores da esquerda e centro-esquerda, critícase o seu discurso contra a identidade vasca, galega e catalá e o seu posicionamento público e hostil en favor do españolismo[5][6], o cal é visto por estes sectores coma unha pugna electoral coa ala máis extrema do Partido Popular[7].

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • Está casada e ten dous fillos.
  • É membro da plataforma política ¡Basta Ya!.
  • Participa asiduamente en faladoiros de Telemadrid xunto ao ex-presidente do Foro de Ermua, Mikel Buesa, e acode con frecuencia ás manifestacións convocadas pola Asociación de Vítimas del Terrorismo.
  • En Galicia prestou o apoio do seu partido e o seu persoal para a campaña da asociación Galicia Bilingüe contra o proceso de normalización da lingua galega[8][9][10].
  • Foi duramente criticada polas declaracións feitas a Iñaki Gabilondo onde dixo que Zapatero podría ser gallego, en el sentido más peyorativo del término.[11] Sobre Rajoy respondeu cun es gallego.[12] Antes, en outubro de 2009, empregara semellantes verbas ó se referir a Alberto Núñez Feijóo.[13] Os tres partidos políticos galegos con representación parlamentar, como tamén o sector cultural galego[14], pediron publicamente unha rectificación da voceira de UPD e condenaron as palabras xenófobas contra o pobo galego[15]. Perante a clamor social, Díez pediu da xente "que teña sentido de humor para aceptar unha afirmación que xa tiña dito outras veces".[16]. Un día despois de dicir isto, o gabinete de prensa de UPD respondeu así: Ofenderse por isto é unha mostra de intolerancia, complexo de inferioridade ou perturbación nacionalista[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rosa Díez no votará la resolución socialista, a pesar de que desde su partido ´algunos´ apunten a su expulsión, noticia del diario Levante, 25 de octubre de 2006.
  2. Rosa Díez ya ha sido invitada por el PSE a abandonar el partido por "coincidir con el PP", en Libertad Digital.
  3. Rosa Díez deja el PSOE por «incompatibilidad» con sus «valores» Nova no xornal español ABC
  4. http://www.ciutadansdecatalunya.info/main.php?id_pagina=55
  5. Non nos interesa a identidade dos galegos Nova aparecida en Vieiros en setembro de 2008
  6. Rosa Díez chama batasuno a Montilla por ir contra a constitución española Nova aparecida en Intereconomía en xaneiro de 2010
  7. http://www.xornal.com/artigo/2009/02/01/1-m/rosa-diez-le-disputa-al-pp-el-electorado-radical-con-un-guino-a-galicia-bilingue/2009020101542400000.html Rosa Díez dispútalle ao PP o electorado radical] Nova aparecida en Xornal o 1 de febreiro de 2009
  8. Inédita manifestación contra o galego Nova aparecida en Vieiros o 8 de febreiro de 2009.
  9. UPDe parte da cúpula do PP prestan o seu apopio á manifestación de GB Nova no diario Galicia-Hoxe
  10. UPD e PP únense a GB nunha marcha ateigada de incidentes Nova aparecida en Xornal de Galicia o 9 de febreiro de 2009
  11. Vídeo coas declaracións, a partir do minuto 5.
  12. El País dixital, 25/02/10
  13. Rosa Díez: “Feijóo es muy gallego, en el sentido peyorativo de la palabra”, Xornal.com.
  14. O sector cultural galego reproba as palabras de Rosa Díez Nova aparecida no diario Galicia-Hoxe en febreiro de 2010
  15. Los partidos gallegos exigen a Rosa Díez que rectifique por usar el término «gallego» de forma peyorativa Nova aparecida en La Voz de Galicia o 24 de febreiro de 2010 (en castelán)
  16. Clamor contra Rosa Díez por utilizar «gallego» para descalificar a Zapatero Nova de La Voz de Galicia en febreiro de 2010 (en castelán)
  17. Respuesta de UPyD Nova recollida en La Voz de Galicia. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

]]