Elena Espinosa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Elena Espinosa Mangana, nada en Ourense o 21 de marzo de 1960, é unha política española. É Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.

En 1985 afiliouse ó PSG-PSOE, facéndose responsable, desde 1985 a 1988, da Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo. Entre 1988 e 1996 ocupou o cargo de Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo.

Trala derrota do PSOE nas eleccións de 1996, traballou dous anos no Instituto Galego de Mediciña Técnica e incorporouse á empresa Rodman Polyships como Directora Financeira Administrativa. Desde maio de 2002 ata xuño de 2004, foi Adxunta a Presidencia do Grupo Rodman.

O día 14 de marzo de 2004 houbo novas eleccións que deron a vitoria ó PSOE. En xuño de 2004 obtivo o nomeamento de ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, que viu aumentadas as súas cometencias a partir de 2008 coas que lle corresponderan ao ministro de Medio Ambiente.


Predecesor:
Miguel Arias Cañete
Ministra de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente
2004 - Actualidade
Sucesor:
No cargo
Ferramentas persoais