Gaspar Llamazares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaspar Llamazares
Gaspar Llamazares Trigo.jpg
Gaspar Llamazares
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 28 de novembro de 1953 (61 anos)
Lugar: Logroño, España Flag of Spain.svg
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Izquierda Unida
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Coordinador xeral de Izquierda Unida decembro de 2000 - No cargo
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Médico
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Gaspar Llamazares Trigo, nado en Logroño, A Rioxa o 28 de novembro de 1957, é un político e médico español. É o coordinador xeral da coalición Izquierda Unida dende outubro de 2000 e o seu candidato á presidencia do Goberno para as eleccións de 2008.

Traxectoria como médico[editar | editar a fonte]

Segundo dunha familia de seis irmáns, pasou a súa infancia e mocidade en Salinas, unha localidade do concello asturiano de Castrillón. Estudou nas facultades de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid e da de Ovieu, onde rematou os estudos. Alí fundou a revista Bocetos, onde se pretendía expor un enfoque social da medicina fronte aos paradigmas bioloxicistas que por entón dominaban a ciencia médica. Posteriormente completou os seus estudos mediante un máster de Saúde Pública na Universidade da Habana. En 1985 incorporouse como docente no Departamento de medicina preventiva da Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente na Unidade Docente de Medicina de Familia en Cazoña (Cantabria).

Actividade política[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa actividade política no Partido Comunista de Asturias en 1981, mediante a participación na agrupación de Castrillón e na Comisión de Saúde do Comité Central. En 1988 foi elixido secretario xeral e coordinador xeral de Izquierda Unida en Asturias, ao vencer o sector liderado por Gerardo Iglesias. En 1991 entrou como deputado na Xunta Xeral do Principado de Asturias, foi voceiro do grupo parlamentario de Izquierda Unida e continuou unha colaboración mantida ata entón cos sucesivos gobernos socialistas da rexión. En 1995 foi un dos protagonistas da polémica ruptura co Partido Socialista Obreiro Español, que levou ao Partido Popular ao goberno de Asturias. Na lexislatura 2000-2004 foi deputado no Congreso por Asturias. Substituíu a Julio Anguita González como coordinador xeral de Izquierda Unida no ano 2000. O 14 de marzo de 2004 foi elixido deputado por Madrid. Nestas eleccións, Izquierda Unida conseguiu a menor representación parlamentaria na súa historia. A finais de 2004 foi reelixido coordinador xeral da formación por unha estreita marxe de votos, en medio dunha forte división interna da coalición debida aos malos resultados electorais e a discrepancias ao redor da liña política seguida de achegamento da coalición ao PSOE. En xaneiro do 2005 foi confirmado como coordinador xeral.

Desde entón é voceiro titular do Grupo Parlamentario de Izquierda Unida e voceiro na Comisión Constitucional, de Asuntos Exteriores e Mixta para a Unión Europea. Nesta faceta propugna por un achegamento dos gobernos de esquerda de América Latina a España. As súas críticas e oposición frontal pola política dos gobernos españois de José María Aznar na súa aliñación para a invasión de Iraq e Afganistán realizadas polo presidente de Estados Unidos George W. Bush, así como co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero pola súa política de enviar máis tropas a Afganistán e polo envío de tropas a Haití. Durante esta etapa Izquierda Unida apoiou en diversas votacións ao PSOE, pero sen establecer con esta formación un pacto de goberno.

De cara ás eleccións de 2008, Llamazares venceu as eleccións internas dentro de Izquierda Unida contra Marga Sanz, representante do sector aliñado cunha maior separación do PSOE e apoiada polo Partido Comunista de España. As primarias celébranse en novembro de 2007, e cunha participación de ao redor do 38%, Llamazares obtén 13.626 votos (62,5%) e Sanz 8.169 (37,5%).

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Julio Anguita
Coordinador xeral de IU
2000 - 2008
Sucesor:
Cayo Lara