Unión, Progreso y Democracia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Unión Progreso y Democracia")
Unión, Progreso y Democracia (UPyD)
Partido político de España
Unión Progreso y Democracia logo.svg
Dirixentes e organización
Líder Rosa Díez
(Voceira)
Mocidades s/d
Filiación internacional Non ten
Historia
Fundación setembro de 2007
Posicións políticas
Ideoloxía Progresismo,[1]
socioliberalismo,[2]
laicismo,[3]
centralismo,[2]
federalismo europeo,[4]
nacionalismo español[3][5][6][7][8][9]
Posición política Centro[2]
Representación
Representación 5 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
Outros datos
Sede Ourense, 25, 6ºB, 28020, Madrid
Publicación s/d
Páxina web www.upyd.es

Unión, Progreso y Democracia[10][11][12][13][14][15][16][17][18][19] (UPyD) (en galego Unión, Progreso e Democracia) é un partido político español inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 26 de setembro de 2007. Entre os seus promotores atópanse a ex-dirixente do PSOE Rosa Díez, o catedrático Mikel Buesa ou os filósofos Carlos Martínez Gorriarán e Fernando Savater. Mikel Buesa nunha presentación do partido en 2007 e Irene Lozano nunha entrevista na televisión en 2013 explicaron o significado dos tres conceptos que constitúen a denominación do partido: Unión pola súa defensa incondicional da «unidade de España», Progreso porque afirman ser «un partido progresista respectuoso coa liberdade individual» e Democracia porque se declaran «demócratas radicais».[20][21][22]

Orixe

O sábado 19 de maio de 2007 45 persoas reunidas en Donostia tomaron a decisión de poñer en marcha un proxecto político. Para iso crearon unha asociación, Plataforma Pro, para xuntar xente e definir un programa, que despois expuxeron en xuntanzas de presentación por toda España. Entre os membros ou colaboradores atopábanse o filósofo Fernando Savater, o portavoz de ¡Basta Ya!, Carlos Martínez Gorriarán (que era o coordinador da plataforma), ou a eurodeputada socialista Rosa Díez.[23] Esta última, anunciou o seu abandono das filas do PSOE en agosto de 2007 para involucrarse no proxecto. Outros grupos que manifestaron o seu apoio á Plataforma foron o partido Ciutadans - Partido de la Ciudadanía, en especial os seus membros Arcadi Espada, Albert Boadella e Xavier Pericay, e mais a Asociación ¡Basta Ya!. A mediados de setembro de 2007, o ata entón presidente do Foro Ermua Mikel Buesa anunciou o seu propósito de participar no partido político.[24]

Finalmente, nun acto público de presentación o 29 de setembro de 2007 no Teatro-Auditorio da Casa de Campo de Madrid quedou constituído o novo partido Unión, Progreso y Democracia. No acto interviron o dramaturgo Albert Boadella, Fernando Savater, Mario Vargas Llosa e Rosa Díez, pero tamén contou coa presenza de Arcadi Espada, Teresa Giménez Barbat e Félix Pérez Romera (os tres membros promotores de Ciutadans), Antonio Elorza, Agustín Ibarrola, Mikel Buesa, Carlos Martínez Gorriarán, Albert Rivera e Antonio Robles, Aurelio Arteta, Fernando Iwasaki, Nicolás Redondo[25] e o deputado autonómico vasco do Partido Popular Fernando Maura. Este último finalmente incorporouse a UPyD o día 6 de novembro de 2007,[26] pasando a formar parte do seu Consello de Dirección[27]. O escritor Álvaro Pombo[28] e o deportista Álvaro de Marichalar tamén manifestaron o seu apoio a UPyD.[29]

Ideoloxía

Ideoloxicamente, UPyD non se define como de esquerda ou dereita. Eles declaran ao comezo do seu Manifesto Fundacional:[30]

Partimos dun suposto revolucionario: que os cidadáns non nacen sendo xa de esquerdas ou de de dereitas nin co carné de ningún partido nos cueiros. Imos aínda máis lonxe, a risco de escandalizar aos timoratos: consideramos os cidadáns capaces de pensar por si mesmos e de elixir en consecuencia, de acordo coas ofertas dos partidos e a súa experiencia da situación histórica que vivimos. Xa que logo, non cremos que ninguén estea obrigado a votar sempre o mesmo ou a resignarse ás opcións políticas vixentes, cando xa lle decepcionaron anteriormente. Ser considerados de esquerdas ou dereitas non nos parece o centro do problema, aínda que apiadámonos cordialmente de quen carece de mellores argumentos para descualificar o adversario.

Outras dos seus puntos de identidade son a defensa do marco territorial da España monárquica conforme o sinala a Constitución Española de 1978; o laicismo, e o como rexeitamento dos partidos nacionalistas (agás os españolistas) do sistema político español.

Organización

O partido organízase a través de catro órganos de goberno.

Asemblea xeral

Formada por todos os membros, estes poderán actuar directamente ou por medido de compromisarios delegados nela. Será convocada por acordo do Consello de Dirección e constituirase en Congreso, ordinario cada catro anos, e extraordinario se así o decide o Consello de Dirección ou o solicitan o Consello Político ou ben un terzo dos afiliados, os cales en todo caso elixirán aos seus representantes entre o conxunto, ata un máximo de cincocentos delegados con dereito a voto. Durante as súas sesións, a asemblea é o órgano de dirección máximo do partido.

Para a modificación dos fins e o programa básico do partido recollido nos estatutos esixirase un texto alternativa, cuxa aprobación requirirá unha maioría cualificada formada polos votos positivos e secretos de, polo menos, o 60% dos delegados.

Consello político

Entre as súas misións máis importantes están o estudo, debate e redacción do programa do partido que haberá de propor ao consello de dirección, de igual modo que as estratexias, iniciativas e accións políticas do partido en calquera ámbito; acordar a posición do partido en todas aquelas cuestións de relevancia que non contempla o programa básico do partido, e acoller, dar publicidade e debater, en caso de consideralas procedentes, as propostas e iniciativas relativas ao programa e actividade do partido procedentes de calquera afiliado ou comité do partido.

Conforme os Estatutos de UPyD, o consello político estará composto por ata 150 membros.

Consello de dirección

É o órgano encargado de tomar as decisións ordinarias requiridas pola actividade do partido, aprobar a redacción definitiva do programa proposto polo consello político, supervisar as agrupacións territoriais e as súas coordinadoras respectivas, autorizar a creación de Comités Electorais, crear as comisións asesoras de estudo ou de expertos necesarias para facilitar a consecución dos fins do partido, decidir a política de alianzas e o sentido do voto nas institucións de calquera ámbito, así como a posición política en votacións consideradas estratéxicas con relación ao programa, organizar e administrar as finanzas do partido, supervisadas pola Comisión de Finanzas, interpretar os estatutos e arbitrar naquelas cuestións que non estean especificamente contempladas nestes.

De acordo aos Estatutos de UPyD, o Consello de Dirección é un órgano colexiado formado por ata un máximo de vinte membros. Os seus membros son:[cando?] Almudena Semur Correa, Angel Manuel Hernández Guardia, Antonio Salvador, Armando Flores Cordero, Carlos Martínez Gorriarán, Concepción Sacristán Sánchez, Eva Climent Martí, Francisco Igea Arisqueta, Francisco Pimentel Igea, Gerardo Hernández Les, Guzmán Fernández Ortiz, Juan Luis Fabo Ordóñez, Juana María Lasry Hernández, Manuel Hernández Iglesias, Fernando Maura, Mikel Buesa y Rosa Díez González, esta última como portavoz de UPyD.

Agrupacións territoriais

UPyD organízase en agrupacións territoriais acordes co mapa autonómico do Estado. Á fronte destas agrupacións figurará unha coordinadora na que polo menos haberá un membro do Consello Político do partido, que poderá ser coordinador desa agrupación para representala nese órgano, salvo que a coordinadora decida elixir a outro dos seus afiliados para esa función. A agrupación territorial elixirá aos delegados que lle correspondan para a Asemblea Xeral do partido en función da súa porcentaxe de afiliados no total do partido

A misión das coordinadoras territoriais é organizar a elección de delegados á Asemblea Xeral, ocuparse da vida ordinaria do partido no seu territorio, e coordinar o traballo dos Comités Electorais, autonómico e locais, do seu ámbito territorial.

Financiamento

Despois de que presuntamente algúns bancos lles negaran créditos de financiamento, a formación puxo en marcha un sistema de empréstitos persoais, coa venda de bonos.

Galicia. Creación e eleccións xerais do 2008

A finais de novembro de 2007 presentouse o partido en Galicia. Nese primeiro momento estiveron ligados a el o profesor da Universidade de Santiago Roberto Blanco Valdés, os médicos Luís Pérez Llano e Ildefonso Cejudo ou o ex-concelleiro do PSOE en Ames Rudy Lamas. O seu coordinador en Galicia é Antonio Cascón.

En Cataluña é unha figura destacada do partido o galego Luís Bouza-Brey, se ben dimitiu do comité electoral provincial de Barcelona.[31]

Os cabezas de lista de UPyD ás eleccións xerais de 2008 nas provincias galegas foron Antonio Cascón (A Coruña), Luis Pérez de Llano (Lugo), Ángeles Rodríguez Baliño (Ourense) e José Manuel Rodríguez Andelo (Pontevedra)

Eleccións municipais 2011 en Galicia

Presentou candidaturas en diversos concellos e acadou un escano.

Na Provincia da Coruña presentouse na Coruña (0,93% dos apoios), en Ferrol (1,01%), en Santiago de Compostela (2,01% dos votos)

Na provincia de Lugo só presentou candidatura na capital, e obtivo o 0,64% dos apoios.

Na Provincia de Ourense, a mesma situación que en Lugo, só se presentou en Ourense e sacou o 0,51%.

Na Provincia de Pontevedra tivo os mellores resultados de Galicia. Obtivo un escano en Baiona co 8,12% dos votos. Presentou candidaturas en Pontevedra (0,93% dos sufraxios), Vigo (1,20%) e Nigrán (3,89%).

Relacións con outros partidos

Desde o mesmo momento en que se anunciou a súa creación, barallouse a súa posible fusión co partido Ciutadans-Partido da Cidadanía, debido á similitude dos seus fins e obxectivos e do seu discursos. Finalmente o día 25 de outubro de 2007 celebrouse unha reunión entre os dirixentes de ambos os partidos, na cal UPyD comunicoulle a C's a súa intención de ir en solitario ás eleccións xerais de 2008. Esta decisión estivo fundamentada, segundo UPyD, polos feitos de considerar a C's un partido de "ámbito catalán", cunha ideoloxía de "centro-esquerda", e por unhas declaracións do redactor do seu ideario, Francesc de Carreras, nas que manifestaba o seu apoio a un referendo de autodeterminación en Cataluña (que tardaron 10 días en ser desmentidas por C's),[32] cousas que non eran acordes coas bases de UPyD. A pesar diso UPyD deixou a porta aberta a unha futura colaboración entre ambos os partidos, pero non en forma de fusión ou coalición.[33]

Eleccións xerais españolas de 2008

O partido presentouse ás eleccións lexislativas de 2008, onde acadou un deputado (Rosa Díez) no Congreso pola circunscrición de Madrid.

Polémicas

Tanto o partido como Rosa Díez foron acusados en numerosas ocasións de autoritarismo.[34][35][36][37] Tamén dimitiu en bloque o Consello Territorial do partido en Galicia denunciando prácticas similares.[38] Así, un ex-cargo de UPyD afirmou que o partido tiña 5.000 afiliados e 16.000 ex-afiliados.[39]

Notas

  1. Could a pair of minority groups spell the end of Spain's two-party system? - El País (en inglés).
  2. 2,0 2,1 2,2 UPyD. Ideology: centralism, social liberalism. Political Position: Centre - European Social Survey (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Dorange 2013, p. 100: «Partido españolista republicano, nacional y laico»
  4. Programa Electoral UPyD Elecciones Generales 2011
  5. Montero & Lago 2010, p. 361: «Los resultados de este capítulo han mostrado que la movilización del nacionalismo español fue un mecanismo efectivo de competición con el PSOE, dado que consiguió movilizar el voto de nuevos votantes y antiguos abstencionistas. La estrategia caló de tal forma que UPyD, un nuevo partido creado pocos meses antes de la convocatoria electoral, consiguió entrar en el Congreso de los Diputados abanderando posiciones claras sobre la política antiterrorista y enfatizando la identidad nacional española»
  6. Cabestan & Pavković 2013, p. 116: «It condemns ETA violence and maintains a strong pro-Spanish nationalist orientation»
  7. (en inglés)"UPyD is a (Spanish) nationalist party with a very critical stand with the way the process of devolution to the regions has evolved in Spain"- European Consortium for Political Research
  8. Sánchez-Cuenca, Ignacio (23 de octubre de 2007). "UPD, partido nuevo, viejos tópicos". El País. http://elpais.com/diario/2007/10/23/opinion/1193090410_850215.html. Consultado o 28 de xaneiro de 2015. "Esta tesis sobre "el derecho a permanecer unidos e iguales" es el pretexto para combatir el nacionalismo vasco y catalán no con argumentos, sino con una buena dosis de nacionalismo español. De ahí el silencio elocuente de los ideólogos de este partido sobre el renacido nacionalismo español de la derecha"
  9. "El País - Combatir los Nacionalismos?". El País. http://politica.elpais.com/politica/2011/12/08/actualidad/1323366562_703135.html. Consultado o 2012-08-30.
  10. UNIÓN, PROGRESO Y DEMOCRACIA (UPyD) - LUGO - Xunta de Galicia
  11. Unión, Progreso y Democracia - Grupo de la Alianza de los Liberales y Demócratas por Europa
  12. Unión, Progreso y Democracia - Parlamento Europeo
  13. Unión, Progreso y Democracia - Boletín Oficial del País Vasco
  14. Unión, Progreso y Democracia (UPyD) - Diputación de Burgos
  15. Unión, Progreso y Democracia - Boletín Oficial del País Vasco
  16. Unión, Progreso y Democracia en La Rioja (UPyD) - Gobierno de La Rioja
  17. Grupo Municipal Unión, Progreso y Democracia - Ayuntamiento de Majadahonda
  18. Grupo municipal Unión, Progreso y Democracia - Ayuntamiento de Burgos
  19. Grupo municipal de Unión, Progreso y Democracia - Ayuntamiento de Las Rozas
  20. Editorial UPyD (18 de decembro de 2007). "La economía hace aguas por todos los lados, se ha aumentado la presión fiscal en un 2 % del PIB". http://www.padi.cat:8080/wayback/20080223221930/https://www.upyd.es/web_medida/plantilla_general/contenedor.jsp?seccion=75&noticia=537. Consultado o 31 de decembro de 2014. "Mikel Buesa explicó el significado de la denominación del partido, "Unión porque somos un partido contra la disgregación política de la última legislatura y abogamos por la unión de España sin condiciones, Progreso porque somos un partido progresista de raíz liberal y socialdemócrata y, por otra parte, respetamos la libertad individual y de elección y Democracia porque es el sistema que alberga todas las identidades, podemos ser lo que queramos y lo podemos expresar libremente""
  21. Entrevista a Irene Lozano en La Noche en 24 horas (dende o minuto 16) - RTVE (en castelán).
  22. "Unión: defendemos la unidad de España. Progreso: somos progresistas y Democracia: somos demócratas radicales" - Twitter oficial de UPyD (en castelán).
  23. Noticia del abandono del PSOE por parte de Rosa Díez
  24. Mikel Buesa formará parte del nuevo partido impulsado por Rosa Díez, La Vanguardia, 7/9/2007.
  25. [1] [Ligazón morta]
  26. Maura abandona el PP y se afilia al partido de Rosa Díez
  27. Unión Progreso y Democracia comunica la incorporación del parlamentario vasco Fernando Maura a su Consejo de Dirección
  28. [2] [3] [4] Ligazóns mortas
  29. "Álvaro de Marichalar confirma su compromiso con UPD y estaría dispuesto a ser candidato"
  30. Manifiesto fundacional de UPD
  31. [5] [Ligazón morta]
  32. Juntos pero no revueltos
  33. Rosa Díez dice no a Ciutadans
  34. Mikel Buesa, fundador de UPyD, deja el partido por su 'autoritarismo'
  35. Militantes catalanes de UPyD dejan el partido por el 'autoritarismo' de Díez
  36. La dirección avilesina de UPyD salta por los aires dolida con el autoritarismo de Prendes
  37. Bronca abierta en UPyD entre Rosa Díez y el portavoz europeo
  38. Dimite el Consejo Territorial de UPyD en Galicia por discrepancias con la dirección del partido
  39. Pedro Larrauri: "UPyD tiene 5000 afiliados y 16000 ex-afiados." Entrevista no programa VíaV.

Bibliografía