Uxue Barkos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uxue Barkos
Uxue Barkos Berruezo

Presidenta de Navarra
Período20 de xullo de 2015
AntecesorYolanda Barcina
Datos persoais
Nacemento5 de xullo de 1964
 Pamplona, Navarra Navarra
OrganizaciónNafarroa Bai
Geroa Bai
Alma máterUniversidade de Navarra
ProfesiónXornalista
Na rede
http://www.uxuebarkos.com
editar datos en Wikidata ]

Miren Uxue Barkos Berruezo,[1] nada en Pamplona o 5 de xullo de 1964, é unha política Navarra, presidenta do Goberno de Navarra entre 2015 e 2019.[2] Defínese a si mesma como progresista, vasquista,[3] abertzale e independentista.[4] Deputada no Congreso de 2004 a 2015 (durante as lexislaturas VIII e IX en representación de Nafarroa Bai, e durante a X Lexislatura en representación de Geroa Bai), tamén foi voceira de Nafarroa Bai no Concello de Pamplona dende 2007 até 2015. Dende setembro de 2011 lidera a asociación Zabaltzen, integrada na coalición Geroa Bai pola que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na ikastola San Fermín. É Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e está casada e ten un fillo.

Traballou como locutora en RNE e TVE en Navarra, no xornal Navarra Hoy e en 1990 en Euskal Telebista (ETB), onde ten realizado labores de redacción na súa corresponsalía de Pamplona, posteriormente no centro de Informativos de Iurreta e na corresponsalía de ETB en Madrid.

Foi deputada por Navarra elixida nas listas da coalición nacionalista vasca Nafarroa Bai ('Navarra Si' en éuscaro), aínda que no Congreso dos Deputados estaba integrada no grupo mixto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Casa Real
  2. Diario, Nós (2015-07-20). "Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita". Nós Diario. Consultado o 2022-11-27. 
  3. Barkos: "Seré la voz de los navarros vasquistas y progresistas" Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is, Deia, 20 de decembro de 2011.
  4. Entrevista a Uxue Barkos Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Gara, 11 de novembro de 2011.