Antón Louro
Antonio Louro Goyanes, coñecido como Antón Louro, nado en Lira o 15 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciado en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de instituto ata a súa dedicación completa á política. Foi subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia no goberno de González Laxe (1989-1990) e posteriormente concelleiro en Pontevedra.
Foi deputado no Parlamento de Galicia dende 1997 ata 2004, momento en que accedeu ao Congreso dos Deputados de Madrid en representación da provincia de Pontevedra. No Congreso é presidente da comisión de Fomento e secretario de Política Institucional do PSOE. Tamén foi secretario de organización dos socialistas galegos, o que se entende como o segundo posto en escalafón do partido en Galicia.
Na actualidade é ademais concelleiro de Promoción Económica no concello de Pontevedra.
| Predecesor: ? |
concelleiro de promoción económica de Pontevedra 2007-2011 |
Sucesor: no cargo |
| Predecesor: Manuel Ameijeiras |
Delegado do goberno en Galicia 2009-2011 |
Sucesor: Miguel Cortizo |
[editar] Vida privada
Está casado e ten unha filla.