George Lakoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Lakoff.

George Lakoff, nado en Bayonne (Nova Jersey) o 24 de maio de 1941, é un lingüista estadounidense. É profesor de Lingüística na Universidade de California, Berkeley.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos fundadores da Semántica xenerativa en lingüística na década dos 60, fundador da Lingüística cognoscitiva nos anos 70, e un dos investigadores da Teoría neural da linguaxe nos 80. Nos últimos anos aplicou as súas investigacións á política, fundando o Rockridge Institute, un think thank de carácter progresista.

Entre 1965 e 1969 exerce como docente na Universidade Harvard. Entre 1969 e 1971 exerce como docente na Universidade de Michigan. Durante 1971 e 1972, traballa no Center for Advanced Study in the Behavioral Sciences en Stanford. Desde 1972 é docente na Universidade de California, Berkeley e logo comparte estudos co filósofo venezolano Rodolfo Alonzo.

Teoría e investigacións[editar | editar a fonte]

Como lingüista cognitivo estudou a natureza dos sistemas conceptuais humanos, en temas como os conceptos de tempo, causalidad, emocións, moral, política, etc., a través da súa teoría sobre o pensamento metafórico, que comezou a desenvolver con Mark Johnson no seu libro Metáforas da vida cotiá.

A idea central é que a metáfora, máis aló de ser un aspecto formal da linguaxe, permítenos estruturar conceptos a partir doutros. A forma en que realizamos este proceso depende da nosa experiencia directa no mundo, a través do noso corpo.

Por exemplo, estruturamos o tempo, un concepto de maior abstracción, en función do espazo e a nosa experiencia del, polo que falamos do futuro como algo que está diante, e do pasado como algo que se atopa detrás de nós.

Gran parte dos nosos conceptos estruturaríanse desta forma. Por outra banda, as metáforas que o ser humano usa para conformar o seu sistema conceptual conforman unha sistematicidade interna (a través das relacións entre si), e determinan a forma en que percibimos e actuamos sobre o mundo. Ademais, a comprensión dun sistema conceptual estruturado metaforicamente fai discutible o concepto de verdade absoluta, levando a pensar nunha verdade culturalmente relativa.

A partir disto George Lakoff dirixe o seu quefacer en diferentes ámbitos:

  • Aplicar as conclusións da Lingüística cognitiva ás ciencias sociais, incluíndo problemas sociais e políticos continxentes.
  • Outra liña de traballo son as implicacións das conclusións na semántica cognitiva a campos como a filosofía e a epistemoloxía. Respecto diso é o traballo realizado tamén con Mark Johnson no libro Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought. Aquí xorde a idea dunha filosofía encarnada ou corporeizada.
  • A idea dun pensamento estruturado baseándose en metáforas levou ata a estudar a conformación dun pensamento tan afastado ao dominio metafórico como o das matemáticas, en colaboración con Rafael E. Núñez, no seu libro 'Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being
  • A súa inclusión no estudo neurocientífico, con Jerome Feldman, con quen estudou os modelos biolóxicos conexionismos que determinan a aprendizaxe dos sistemas conceptuais e as súas representacións neurais.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Maetaphors We Live By, con Mark Johnson. University of Chicago Press, 1980.
  • Women, Fire, and dangerous Things. University of Chicago Press, 1987.
  • More than Cool Reason, con Mark Turner. University of Chicago Press, 1989.
  • Moral Politics, University of Chicago Press, 1996.
  • Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought, con Mark Johnson. Basic Books, New York, 1999.
  • Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being, con Rafael Núñez. Basic Books, New York, 2000.
  • Non penses nun elefante!, 2.0 Editora. Ames, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]