Partido dos Traballadores de Corea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
조선로동당
Partido dos Traballadores de Corea
Flag of the Workers' Party of Korea.svg
Partido político da Corea do Norte
Líder Kim Jong-Il
Fundación 30 de xuño de 1949
Sede Pyongyang, Corea do Norte
Ideoloxía Juche

O Partido dos Traballadores de Corea', tamén traducido como Partido dos Traballadores Coreanos (en coreano:조선로동당, Chosŏn Rodongdang), é o que goberna a República Democrática Popular de Corea, máis coñecida como Corea do Norte. Este partido baséase na ideoloxía Juche, que fusiona o leninismo co nacionalismo e coa cultura tradicional coreana.

Estrutura[editar | editar a fonte]

O Congreso Nacional é o órgano superior do Partido. O Congreso aproba os informes dos órganos do Partido, adopta as políticas e tácticas básicas do Partido, e elixe aos membros do Comité Central.

En setembro de 1992 o Partido dos Traballadores de Corea tiña 160 membros no Comité Central. Reúnese polo menos unha vez cada seis meses. O artigo 24 dos Estatutos do Partido estipula que o Comité Central elixe ao secretario xeral do Partido, a presidencia do buró político, os membros do buró político, secretarios, membros da comisión militar central, e os membros do comité de inspección central.