Kim Il-sung

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Il-sung
김일성
Kim Il Sung Portrait-2.jpg
Xeneralísimo Kim Il-sung
Emblem of North Korea.svg
Presidente Eterno da República
Período: 8 de xullo de 1994 (póstumo)
Antecesor: Denominación creada
Sucesor: Non aplicable
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Presidente de Corea do Norte
Período: 28 de decembro de 1972
8 de xullo de 1994
Antecesor: Título creado
Sucesor: Título abolido
(Proclamado Presidente Eterno da República trala súa morte)
Secretario Xeral do P. dos Traballadores
Período: 11 de outubro de 1966
8 de xullo de 1994
Antecesor: El mesmo como presidente do Partido dos Traballadores
Sucesor: Kim Jong-il
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 15 de abril de 1912
Lugar: Corea Xaponesa Mangyŏngdae, Corea Xaponesa
Falecemento: 8 de xullo de 1994 (82 anos)
Lugar: Flag of North Korea.svg Pyongyang, Corea do Norte
Organización: Partido dos Traballadores
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Kim Jong-suk (m. 1949)
Kim Song-ae
Parella: {{{parella}}}
Fillos: Kim Jong-il
Kim Man-il
Kim Kyong-hui
Kim Kyong-jin
Kim Pyong-il
Kim Yong-il
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): • Primeiro Ministro de Corea do Norte
• Presidente do Partido dos Traballadores de Corea
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Presidente
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
Kim Il Sung Signature.svg
{{{web}}}

Kim Il-sung (en coreano: 김일성), nado o 15 de abril de 1912 en Mangyŏngdae e falecido o 8 de xullo de 1994 en Pyongyang, foi un político comunista e Presidente de Corea do Norte dende 1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea.

O seu mandato como líder da República Democrática de Corea foi a miúdo descrito como autocrático, estabelecendo un omnipresente culto a súa personalidade. Dende mediados de 1960 promoveu o seu propio desenvolvemento da organización nacional comunista, o Juche. Nun estudo eleborado pola Biblioteca do Congreso de Washington, D.C. sobre Corea do Norte en 2009, foi descrito como "unha das figuras máis interesantes do século XX".

Trala súa morte en 1994, foi sucedido polo seu fillo Kim Jong-il. Corea do Norte refírese oficialmente a Kim Il-sung como o "Gran Líder" (en coreano: 수령, Suryong) e é chamado na Constitución "Presidente Eterno" do país. O seu aniversario é día festivo en Corea do Norte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos e exilio[editar | editar a fonte]

Kim Il-sung naceu co nome de Kim Sŏng-ju, probablemente en Mangyondae, preto de Pyongyang, en Corea, entón un protectorado baixo ocupación xaponesa. Tiña dous irmáns, Ch’ŏl-chu e Yŏng-ju. A familia de Kim opoñíase á ocupación xaponesa, polo que en 1920 tiveron que fuxir á China. Kim foi enviado a un colexio en Jilin, pero a súa educación oficial finalizou cando foi arrestado e encarcerado por actividades subversivas. Formou parte de guerrillas "antixaponesas" no norte de China, e chegou a ingresar nunha guerrilla liderada polo Partido Comunista de China.

Kim loitou na súa unidade dende 1935, progresando en rango e chegando a ser comandante en 1941, cando os xaponeses levaron as guerrillas ao norte de China. Durante este período adoptou o nome Kim Il-sung, o cal fora doutro loitador "antixaponés" morto na batalla. Escapou á Unión Soviética, e foi enviado a un campo preto de Khabarovsk, onde as guerrillas comunistas coreanas colaboraban coas forzas soviéticas. Kim pasou a ser capitán do Exército Vermello.

En 1925 fundou o Partido Comunista de Corea, mais pronto disolveuse por loitas internas. En 1931 Kim ingresou no Partido Comunista de China. Cando volveu a Corea en setembro de 1945 -despois da fin da Segunda Guerra Mundial e a rendición incondicional de Xapón coa consecuente retirada das tropas xaponesas da península coreana- xunto coas forzas soviéticas, ficou o sector norte do país baixo o seu control, sendo elixido coa axuda da Unión Soviética como líder do comité popular provisional, aínda que nese momento non era líder do partido comunista, cuxos cadros se atopaban en Seúl, na zona ocupada do sur polos Estados Unidos.

Líder de Corea do Norte[editar | editar a fonte]

En 1948, debido a unha polarización política e ideolóxica entre ambos gobernos coreanos, a reunificación do país non foi posible. Kim pasou a ser Primeiro Ministro da República Democrática Popular de Corea. O partido comunista xurdiu coa unión de distintos grupos. Trala fusión da organización coa contrapartida do Sur, formouse o Partido dos Traballadores de Corea.

O 12 de xuño de 1950 Corea do Norte lanzou un ataque co obxecto de liberar Corea do Sur e de unificar o país baixo un goberno único socialista. Ao mesmo tempo, os líderes de Estados Unidos e os seus aliados, pensaron que Stalin ordenara o ataque, o que levou á chamada guerra de Corea, o primeiro conflito bélico das dúas grandes superpotencias resultantes na Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos e a Unión Soviética, coñecido co nome xenérico de Guerra Fría.

O material de arquivo apunta a que foi unha decisión de Corea do Norte non dirixida dende Moscova. As forzas norcoreanas tomaron Seúl e ocuparon a maior parte do Sur, pero forzas das Nacións Unidas (encabezadas por Estados Unidos) volveron tomar Seúl e posteriormente Pyongyang, ante o cal Kim e o seu goberno fuxiron á China. En novembro, as forzas chinesas entraron na guerra e fixeron marcharse ás tropas das Nacións Unidas, volvendo tomar Pyongyang e Seúl entre 1950 e 1951. Seúl volveu ser controlado por Nacións Unidas, e en 1953 o país quedou dividido definitivamente en dous partes.

O país fora devastado pola guerra. O goberno norcoreano desenvolveu plans económicos quinquenales (do mesmo xeito que os existentes na Unión Soviética), centrados no desenvolvemento da industria pesada, o desenvolvemento militar e a colectivización da agricultura.

Durante os anos cincuenta Kim foi visto como un comunista ortodoxo, leal aos principios soviéticos. Con todo, durante o conflito chinés-soviético dos anos sesenta, Kim manobrou para manter certa neutralidade, aínda que finalmente criticou as posicións maoístas da China. Nese momento desenvolveu a ideoloxía Juche, de autoconfianza, que levou ao páis a un maior illamento do resto do mundo. Unha nova constitución foi aprobada en decembro de 1972. En 1980 o congreso nacional aprobou que o próximo xefe de Estado sería o seu fillo Kim Jong-il.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Neste momento Corea do Norte atopouse con grandes problemas económicos. Os efectos prácticos de Juche levaron a eliminar practicamente o comercio exterior, e as relacións económicas coa China reducíronse tralas reformas lideradas por Deng Xiaoping. O fin do bloque soviético aumentou os problemas de Corea do Norte, e pouco despois Kim morrería súbitamente dun ataque ao corazón. O seu funeral foi seguido por centos de miles de persoas e seu o corpo foi colocado nun mausoleo, cuxo acceso está fortemente controlado.

Kim Il-sung casou dúas veces. A súa primeira muller, Kim Chong-suk, deu a luz dous fillos (entre eles Kim Jong-il; o outro morreu nun accidente nadando) e unha filla; Kim Chong-suk morreu dando a luz. Kim casou con Kim Song-ae posteriormente, e pénsase que tiveron catro fillos xuntos. Un deles, Kim Pyong-il gozaba de presenza política ata que foi afastado e virtualmente expulsado logo de ser nomeado embaixador en Hungría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
ningún
Presidente eterno de Corea do Norte
28 decembro de 1972-actual
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
ningún
Presidente de Corea do Norte
28 decembro de 1972- 8 de xullo de 1994
Sucesor:
Kim Jong-il