Plaça de Sant Jaume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plaça de Sant Jaume, en Barcelona.

A Plaça de Sant Jaume (en galego: Praza de San Xaime) é unha das principais e máis antigas e representativas prazas de Barcelona. Situada no centro da mesma, onde era o centro da antiga Barcino; nela atópase o Palacio da Generalitat de Catalunya e a sede do Concello de Barcelona ou Casa da Cidade.

Esta praza ten un gran valor histórico pero é relativamente recente xa que a súa orixe é de principios do século XIX, cando foi construída a nova fachada do Concello e derrubouse a antiga igrexa de Sant Jaume. É moi coñecida pola xente e ao ano van moitísimos turistas a visitala.