La Maternitat i Sant Ramon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O cemiterio de Les Corts visto desde o Camp Nou.

La Maternitat i Sant Ramon é un barrio do distrito de Les Corts da cidade de Barcelona que limita co municipio de L'Hospitalet de Llobregat. Este barrio está formado por dous sectores diferentes, a poñente Sant Ramon e o de La Maternitat e Can Bacardí a levante.

O nome de Sant Ramon provén da parroquia de Sant Ramon Nonat, este sector tamén é denominado Collblanc. La Maternitat é un núcleo ao redor dunha residencia asistencial, a Casa de la Maternitat e expósitos que construíu a Deputación de Barcelona e que encargou a Camil Oliveras i Gensana.

Á zona central do barrio hai tres grandes equipamentos, as instalacións do Futbol Club Barcelona, entre elas o Camp Nou, o cemiterio de Les Corts e o complexo de La Maternitat.