Palau Sant Jordi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palau Sant Jordi
Barcelona Palau San Jordi 001.jpg
Cataluña Sant Jordi
Datos
Localización Barcelona, Cataluña
Construción
Inauguración 21 de setembro de 1990
Arquitecto Arata Isozaki e Mamoru Kawaguchi
Estadio
Capacidade 17.000 espectadores
Localía FC Barcelona (ACB) (1990-1992)
Eventos

O Palau Sant Jordi (do catalán: Pazo de San Xurxo) é un recinto cuberto e multifuncional situado na montaña de Montjuïc, en Barcelona , construído con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992. Está considerado a xoia do chamado "anel olímpico de Montjuïc", que tamén integran instalacións como o Estadio Olímpico Lluís Companys, a Piscina de Saltos de Montjuïc ou as Piscinas Bernat Picornell.

É a instalación olímpica máis utilizada de Barcelona, xa que acolle todo tipo de acontecementos deportivos, espectáculos musicais e teatrais e encontros sociais. Para acontecementos deportivos ten unha capacidade de 16.500 espectadores sentados (habilitando bancadas no fondo sur, que normalmente carece delas)/delas), mentres que para concertos ten unha capacidade máxima superior aos 24.000 espectadores, aínda que as últimas ordenanzas municipais restrinxen as licenzas de uso a un máximo de 17.960 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Deseñado polo arquitecto xaponés Arata Isozaki, foi inaugurado o 21 de setembro de 1990, dous anos antes da celebración dos Xogos Olímpicos de Barcelona. Está considerado unha obra mestra da arquitectura e a enxeñaría moderna. A súa estrutura e materiais mecanizados confírenlle unha gran flexibilidade que permite adaptar o recinto para acoller os máis variados acontecementos. O Palau Sant Jordi foi o principal pavillón cuberto dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, acollendo a competición de ximnasia artística así como as finais de balonmán e voleibol.

O Palau Sant Jordi acolle regularmente espectáculos deportivos de todo tipo; tenis coas dúas finais de Copa Davis de 2000 e 2009; baloncesto coa celebración de dúas finais de Euroliga (1998 e 2003) e o Eurobasket en 1997; exhibicións de motocros e trial; así como deportes non habituais de practicar en recintos non especializados como o windsurf ou a natación (con motivo do Campionato Mundial de Natación de 2003, celebrado en Barcelona, instalouse unha piscina regulamentaria de 50x25 metros onde se disputaron as principais probas dos campionatos).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]