Ciutat Esportiva Joan Gamper

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada principal da Ciutat Esportiva.

A Ciutat Esportiva Joan Gamper é un complexo deportivo propiedade do Futbol Club Barcelona situado en Sant Joan Despí. Foi inaugurada o 1 de xuño de 2006, e está situada a poucos quilómetros do Camp Nou. Dispón dunha superficie total de case 14 hectáreas, onde hai repartidos, ademais de oficinas e despachos, nove campos de fútbol (5 de herba natural e 4 artificiais), zonas especiais de adestramento ou un polideportivo, entre outros.

A Cidade Deportiva está organizada ao redor do campo central, onde adestra o primeiro equipo e onde non se pode acceder normalmente, xa que está tapado polas oficinas e os vestiarios.

A Cidade ten unha residencia para as xoves promesas desde 2011, onde continua a labor realizada na Masia Blaugrana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]