Arco de Triunfo de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Arco de Triunfo visto desde o paseo de Lluís Companys
Foto do arco logo da Exposición Universal de 1888

O Arco de Triunfo de Barcelona (en catalán: Arc de Triomf) é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.

Índice

[editar] Características

Trátase dunha construción vermelliza de ladrillo vista de estilo neomudéxar, moi de moda na época. Destacan os seus relevos escultóricos da parte superior: o friso da fachada principal, a que da ao paseo de Sant Joan, contén a escultura "Barcelona rep les nacions" (Barcelona reciba as nacións) de Josep Reynés; o da fachada posterior representa "Recompensa", e é unha obra primeriza de Josep Llimona, que figura o libramento de galardóns aos participantes na 'Exposición. Os frisos laterais inclúen alegorías da Agricultura e a Indústria, obra de Antoni Vilanova, e máis do Comerio e a Arte, de Torquat Tassó.

A decoración complétase cunha serie de esculturas, como o escudo de España na cimeira e máis os escudos das diversas provincias españolas arredor do arco en cadansúa das fachadas.

[editar] Detalles dos relevos

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas