Praia de Sant Sebastià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A praia de Sant Sebastià co hotel W Barcelona ao fondo.

A Praia de Sant Sebastià é unha praia do barrio de La Barceloneta (Ciutat Vella) de Barcelona. É a praia situada máis a poñente e xuntamente coa praia da Barceloneta é a máis antiga e de maior tradición. É unha das praias máis grandes de Barcelona cunha lonxitude aproximada de 1.100 metros.

É unha das praias máis frecuentadas e conta cunha parada de metro bastante próxima, a estación de Barceloneta.


As Praias de Barcelona, coa de Sant Sebastià á esquerda.