Hospital de la Santa Creu de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital de la Santa Creu de Barcelona
Galería do Hospital de la Santa Creu de Barcelona
Coordenadas41°22′52″N 2°10′12″L / 41.38111111, 2.17Coordenadas: 41°22′52″N 2°10′12″L / 41.38111111, 2.17
editar datos en Wikidata ]

O Hospital de la Santa Creu (en galego: Hospital da Santa Cruz) é un edificio gótico do século XV, situado na cidade de Barcelona, que se creou coa finalidade de axuntar nun só edificio os diferentes hospitais que había na cidade.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A primeira pedra do Hospital púxose o 1401 coa presenza do rei Martiño I. O edificio, obra de Guillem d'Abriell, planificouse dunha maneira grandiosa en catro ás de construción con dúas plantas que rodeaban un patio porticado, segundo o coñecido modelo oriental.

En 1414 a obra estaba rematada na súa maior parte, un século despois remprendeuse o que faltaba, utilizando unha técnica construtiva máis depurada. Durante o século XVI, nunha das diversas reformas que sufriu, derrubouse unha das ás e construíuse un outro patio porticado unido ó primeiro, onde actualmente se conserva a grande escaleira monumental que da acceso á sala de lectura da Biblioteca de Cataluña.

O conxunto de edificios inclúe unha pequena igrexa gótica que da á rúa Hospital e unha casa do século XV (antigo arquivo do Hospital) con pórtico flamíxero.

En 1703 Antoni Viladomat i Manalt, un dos pintores barrocos cataláns máis importantes, pintou a capela de San Pau.

No remate do século XIX o hospital quedou obsoleto polo crecemento da cidade e os novos avances da medicina e a hixiene e decidiuse trasladalo a unha nova localización, o Hospital de Sant Pau, que foi construído entre 1902 e 1930.

En 1926 o concello mercou o edificio e iniciou a reconstrución. Actualmente o conxunto inclúe a sede da Biblioteca de Cataluña (desde 1939), do Institut d'Estudis Catalans (dende 1931), da Escola Massana (dende 1935) e dúas bibliotecas públicas da Deputación de Barcelona (as de San Pau e Santa Creu).

O 3 de xuño de 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico de Interese Nacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]