Casa Amatller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casa Amatller (J.Puig) e a Casa Batlló (A.Gaudí)

A Casa Amatller é o segundo gran monumento modernista do Paseo de Gracia, en Barcelona, proxectado polo arquitecto Josep Puig i Cadafalch entre os anos 1898 e 1900. A causa da proximidade coa Casa Lleó Morera e coa Casa Batlló (de Antoni Gaudí), o lugar onde se localizan estes tres edificios modernistas tense denominado a Illa de la Discòrdia (illa aquí en catalán equivale ao que é unha cuadra ou manzana noutros países).

No ano 1898, o industrial chocolateiro Antoni Amatller quixo transformar un edificio vello de 1875, que comprara para trasladarse para el. O industrial encarregou as obras a Puig i Cadafalch, que apostou por darlle a apariencia dun pazo gótico urbano, cunha fachada plana e un patio central cunha escaleira que dá acceso ao andar principal, tendo en conta que o edificio había de ser habitado por diversas famílias.

Puig i Cadafalch creou a Casa Amatller cunha lectura moi persoal do gótico, mesturando influencias do gótico catalán co gótico dos palacetes urbanos dos Países Baixos e Flandres; finalmente tamén están presentes os típicos detalles de inspiración medieval. O máis sorprendente do edificio é a fachada escalonada de reminiscencia nórdica, que lembra unha tableta clásica de chocolate.

O andar principal é un dos poucos de Barcelona que aínda conserva a riqueza ornamental e a atmosfera dourada e opulenta da aquela burguesía do ensanche barcelonés.

Actualmente acolle as oficinas do Institut Amatller d'Art Hispànic.

Información práctica [editar]

Metro: L2, L3, L4 (Passeig de Gràcia)
  • Visita: só se pode visitar a planta baixa, onde hai unha oficina de turismo.
  • No Museo Nacional de Arte de Cataluña (MNAC) poden verse diversos elemenots do mobiliario orixinal desta casa.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: