Futbol Club Barcelona (hóckey a patíns)
|
||
|---|---|---|
| Competición | OK Liga Copa de Europa |
|
| Fundado | 1942 | |
| Cidade | Barcelona, |
|
| Pavillón | Palau Blaugrana (8.250) | |
| Cores | Granate e azul | |
| Historia | 1942- | |
| Presidente | ||
| Adestrador | ||
| Copa de Europa | 19 (1973, 1974, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2005, 2007, 2008 e 2010) | |
| Recopa de Europa | 1 (1987) | |
| Copa CERS | 1 (2006) | |
| Supercopas de Europa | 16 (1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1997, 2000, 2001, 2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010) | |
| OK Liga | 24 (1974, 1977-82, 1984, 1985, 1996, 1998-2010 e 2012) | |
| Copa do Rei | 19 (1953, 1958, 1963, 1972, 1975, 1978, 1979, 1981, 1985, 1986, 1987, 1994, 2000, 2002, 2003, 2005, 2007, 2011, 2012) | |
| Supercopa de España | 6 (2004, 2005, 2007, 2008, 2011, 2012) | |
| Copa Intercontinental | 4 (1983, 1998, 2006 e 2008) | |
| Uniforme | ||
| Sitio Web | Sitio web oficial | |
A sección de hóckey a patíns do Futbol Club Barcelona foi creada o 1 de xuño de 1942, mais problemas de pista de xogo van facer que non fóra ata 1948 cando a sección acada a plena actividade. Cando Llaudet fai amateurs as seccións, o hóckey a patíns vivirá uns momentos difíciles. Non foi ata finais dos '70 e nos '80 que, con Josep Lorente i Miralles á fronte, o equipo vai arrasar en España e Europa, substituíndo ao Reus Deportiu como a referencia. Logo duns anos de recesión, a mediados dos '90, con Carlos Figueroa no banquiño volta ao primeiro plano mundial, feito que converteu á sección na máis laureada da historia do FC Barcelona.
Índice |
Historia [editar]
Comezos [editar]
A sección de hóckey a patíns do FC Barcelona fundouse de xeito oficial o 1 de xuño de 1942, a pesar de que desapareceu un ano despois debido aos problemas para conseguir unha pista propia.
Non foi ata 1948 cando reapareceu no momento no que se alugou a Pista Gran Vía. Ao longo dos seguintes anos e ata o principio da década dos '60, o equipo de hóckey a patíns azulgrana logrou manterse na loita pola supremacía estatal. Sen embargo en 1963, a sección entrou nunha crise que se prolongaría ata sete anos despois a causa dun recorte do presuposto que o club destinaba ás seccións.
Unha época excepcional [editar]
En 1970, Josep Lorente, ex-xogador azulgrana, pasou a facerse cargo da dirección técnica do FC Barcelona. Con Lorente á fronte do banquillo barcelonista fíxose unha profunda renovación do plantel que non tardou en dar os resultados desexados. Dende 1972 e ata 1987, a sección de hóckey a patíns logrou levantar, como mínimo, un título cada tempada, coa excepción da 1975-76. Eso sería só o inicio dunha época excepcional que tivo o seu máximo esplendor na tempada 1977-78, cando o conxunto barcelonista se impuña en prácticamente tódalas competicións que disputaba, tanto a nivel estatal como europeo. Proba destes bos resultados son as 10 Copas de Europa que sumou a sección, oito delas gañadas entre 1978 e 1985.
Trocos e seca de títulos [editar]
Esta xeira de bos resultados viuse freada en 1987 a causa en boa parte, da falta de relevo xeracional dos xogadores máis determinantes do equipo e, ao mesmo tempo, da política de reforzos dos conxuntos rivais. Ante esta situación, xa a finais da tempada 1987-88, Josep Lorente abandonou a dirección técnica do equipo. O balance era moi positivo: 39 títulos en 17 anos. Con el se foron tamén algúns xogadores. Jordi Vila-Puig retirouse, Josep Enric Torner e Joan Torner ficharon polo Club Esportiu Noia e Joan Carles o fixo polo Igualada Hoquei Club. Aquel ano comezou a seca de títulos do FC Barcelona que duraría 5 anos, ata a tempada 1993-94, cando os culés gañaron a Copa do Rei ante o HC Liceo da Coruña.
Con Carlos Figueroa, en primeira liña [editar]
Un ano despois, José Luis Páez e Roberto Roldán chegaron ao club azulgrana. Ao finalizar a tempada, Carlos Figueroa como adestrador e os xogadores David Gabaldón e Carlos Folguera completaron o plantel e o equipo converteuse no máximo favorito en tódalas competicións. Deste xeito, o Barça cumpliu as expectativas e gañou a Liga en 1995-96. Á tempada seguinte, a xeira de bos resultados continuou e os azulgranas gañaron a Liga Europea. Na campaña 1997-98 conquistou a Liga, a Supercopa de Europa e a primeira edición da Copa Intercontinental, disputada contra a UVT, campión de Sudamérica.
A tempada 1998-99, o ano do centenario do club azulgrana, tódolos equipos das seccións profesionais, incluída a de hóckey a patíns, gañaron as súas ligas respectivas. Tamén se mantiveron os bos resultados ao ano seguinte -cando gañou a primeira Copa Ibérica, a Copa do Rei, a Liga e a Liga Europea- e a 2000-01, que se pechou cun balanzo tamén moi positivo, con vitorias ligueiras, Liga Europea, Supercopa de Europa e Copa Ibérica.
Quim Paüls toma o relevo [editar]
Neste punto álxido do hóckey a patíns, a temporada 2003-04, Gaby Cairo abandonou o hóckey a patíns. Pronto lle seguiu Carlos Figueroa, que no seu último ano como adestrador blaugrana conseguiu tódolos títulos que había en xogo. O seu relevo, na tempada 2005-06, no banquillo barcelonista foi Quim Paüls, ex-xogador e ata aquela sempre vinculado á sección. Con el, o equipo continuou abonado ás vitorias, conseguindo nos catro anos que Paüls estivo no banco un palamrés excepcional: 4 OK Ligas, 2 Ligas Europeas, 2 Copas Intercontinentales, 3 Supercopas de España, 4 Copas Continentais, 1 Copa do Rei e 1 Copa CERS.
Ultimos adestradores: Ferran Pujalte, Gaby Cairo e Ricard Muñoz [editar]
Na tempada 2009-10, Quim Paüls voltaba á secretaría técnica da sección, un cargo que xa exercera con anterioridade, e deixaba o seu lugar a Ferran Pujalte (quen ata o momento colleitara varios éxitos no banco do Club Patí Vic), que asume o reto esixente do éxito, xa que a sección levaba 12 anos consecutivos conseguindo o título de Liga.
Ferran Pujalte deixa de ser adestrador ao final da tempada 2010-11, ano no que o Reus Deportiu corta a xeira de 13 títulos ligueiros consecutivos e o Barcelona non consegue sequera un subcampionato que cae nas mans do HC Liceo, xa que o club se fai cos servizos de Gaby Cairo.[1]
Debido aos malos resultados (eliminación en semifinais da Copa do Rey 2013 ante o Moritz Vendrell (que acabaría proclamándose campión) por un contundente 7-3 e a segunda posición con oito puntos de diferenza co Coinasa Liceo na OK Liga 2012-13, provoca que Gaby Cairo presente a dimisión, que foi aceptada polo club. Hata o final da tempada farase cargo do equipo o ata agora segundo adestrador Ricard Muñoz.[2]
Xogadores [editar]
Xogadores destacados [editar]
|
|
Números retirados [editar]
- 21: Alberto Borregán
Palmarés [editar]
- 19 Copas de Europa (1972-73, 1973-74, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1996-97, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10)
- 1 Recopa de Europa (1986-87)
- 1 Copa CERS (2005-06)
- 16 Supercopas de Europa (1979-80, 1980-81, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 1984-85, 1996-97, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2009-10)
- 4 Copas Intercontinentais (1983, 1998, 2006, 2008)
- 3 Copa Ibérica de hóckey a patíns (1999-00, 2000-01, 2001-02)
- 23 Ligas españolas (1973-74, 1976-77, 1977-78, 1978-79, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1983-84, 1984-85, 1995-96, 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09, 2009-10)
- 17 Copas do Rei (1953, 1958, 1963, 1972, 1975, 1978, 1979, 1981, 1985, 1986, 1987, 1994, 2000, 2002, 2003, 2005, 2007)
- 3 Supercopas de España (2003-04, 2004-05, 2006-07)
Notas [editar]
- ↑ "Gaby Cairo, nuevo entrenador del Barça Sorli Discau". http://www.sport.es/es/noticias/hockey/gaby-cairo-nuevo-entrenador-del-barca-sorli-discau-1068592.
- ↑ "Gaby Cairo pone su cargo a disposición del FC Barcelona y el Club lo acepta". http://www.fcbarcelona.es/hockey/hockey-patines/detalle/noticia/gaby-cairo-pone-su-cargo-a-disposicion-del-fc-barcelona-y-el-club-lo-acepta.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||