Hotel Arts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hotel Arts
Hotel Arts.jpg

O Hotel Arts.
Edificio
Localización Cataluña Cataluña Barcelona
Propietario Deutsche Bank [1]
Uso(s) Mixto
Coordenadas Coordenadas: 41°23′13″N 02°11′47″E / 41.38694°N 2.19639°E / 41.38694; 2.19639
Construción
Inicio 1988
Remate 1992
Dimensións
Altura da azotea 154
Número de plantas 44
Equipo
Arquitecto(s) Bruce Graham

O Hotel Arts é un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Barcelona, en España. Foi construído entre 1988 e 1992 na entrada do Port Olímpic con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992, e preside aquela zona da cidade xunto coa veciña Torre Mapfre, que ten a mesma altura.

Ambos rañaceos son, con 154 metros de altura, os máis altos de Barcelona e de Cataluña. O conxunto formado polas dúas torres complétase coa monumental escultura Peix d'or (Peixe de ouro) de Frank Gehry.

Características[editar | editar a fonte]

É unha torre de vidro de cores verdes e grises, de 44 plantas, rodeada dunha estrutura de ferro de cor branca, que foi deseñada polo arquitecto Bruce Graham, propiedade de Deutsche Bank[1] e sede dun luxoso hotel de cinco estrelas da cadea Ritz-Carlton, que abriu as súas portas en 1994. Integra tamén 27 apartamentos de luxo, todos dúplex, dunha, dúas ou tres habitacións, con cociña e comedor, que ocupan as nove últimas plantas. Algún dos apartamentos tamén teñen terraza.

No último piso hai un restaurante que leva o cociñeiro Sergi Arola, antigo alumno de Ferran Adrià. No punto máis alto da torre hai instalada unha cámara de TV3.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hotel Arts