Port Olímpic de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista lateral e nocturna do Port Olímpic de Barcelona, coa Torre Mapfre e o Hotel Arts ao fondo.
Veleiros no Port Olímpic.

O Port Olímpic de Barcelona é un porto deportivo que está situado fronte á Vila Olímpica, entre as praias da Barceloneta e a Nova Icària, no distrito de Sant Martí. É xestionado pola empresa POBASA (Port Olímpic de Barcelona S.A.).

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído baixo deseño dos arquitectos Oriol Bohigas, Josep Martorell, David Mackay e Albert Puigdomènech e dirección do enxeñeiro Joan Ramon de Clascà en 1991 para dotar á cidade dun porto deportivo á súa altura, seguindo a normativa da Generalitat de reconverter a costa norte da cidade nunha zona habitada e de recreación.

En 1992 foi a sede das competicións de vela dos XXV Xogos Olímpicos.

Actualmente, aparte de ser un reputado porto deportivo na costa mediterránea, converteuse nun centro turístico e de lecer da capital catalá. De día pódese comer en calquera dos restaurantes especialidades do mar e de noite gozar da oferta nocturna ampla e divertida.

Características[editar | editar a fonte]

O Port Olímpic é unha estructura rectangular con tres diques de peche que chegan aos 7 metros de altura sobre o nivel do mar. O dique sur é a continuación da rúa de Marina, o dique norte é a prolongación da rúa Pamplona. Deste sae o terceiro dique cara o sur, o de Poblenou, de 500 m de largo e cunha forma curva para aproveitar a enerxía das ondas. A superficie de auga pechada é de 8 ha aproximadamente.

Ten capacidade para amarrar 743 embarcacións de 7 a 30 m de eslora. Dispón dun varadoiro de 2.900 m² e unha grúa para embarcacións de ata 6 T ou un "travel lift" para as máis grandes (máximo 45 T)

Está aberto as 24 horas do día todos os días do ano, e conta con servizo de auga, electricidade, instalacións sanitarias, centro comercial, estación meteorolóxica e servizo de combustible para as embarcacións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Port Olímpic de Barcelona