Torre Agbar
A Torre Agbar é un rañaceo da cidade de Barcelona, propiedade da inmobiliaria Laietana, e sede do Grup Agbar. Está situado na Plaça de les Glòries Catalanes, no distrito de Sant Martí. Diseñado polo arquitecto francés Jean Nouvel, inaugurouse o 16 de setembro de 2005.
Ten 30.000 m² dedicados a oficinas, 3.210 m² para servizos e instalacións técnicas, e 8.350 m² para servizos xerais, incluíndo un auditorio. A Torre Agbar ten unha altura de 144 metros, repartidos en 38 plantas, 4 delas soterradas. É o terceiro edificio máis alto da cidade, logo do Hotel Arts e a Torre Mapfre.
Na fachada hai uns 4.000 dispositivos luminosos que utilizan a tecnoloxía LED e que permiten crear imaxes ao redor do perímetro cilíndrico. Ademais, dispón de sensores de temperatura no exterior da torre que regulan a apertura e o peche das láminas de vidrio que conforman a pel do rañaceo.
A torre foi o escenario das badaladas de fin de ano de TV3 entre 2006 e 2009.[1]
Índice |
Galería de imaxes [editar]
-
Construción da Torre Agbar (11 de abril de 2004)
-
Torre Agbar (12 de setembro de 2007)
-
Torre Agbar e Plaça de les Glòries Catalanes (25 de abril de 2008)
-
Alain Robert escalando a Torre Agbar o 9 de outubro de 2007
-
Torre Agbar de noite (30 de abril de 2007)
-
Torre Agbar de noite (3 de febreiro de 2007)