Hospital de la Santa Creu i Sant Pau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°24′46″N 2°10′28″E / 41.412778°N 2.174444°E / 41.412778; 2.174444

Fachada principal

O Hospital de la Santa Creu i Sant Pau (Hospital da Santa Cruz e San Paulo), coñecido habitualmente como Hospital de Sant Pau, é un conxunto modernista situado en Barcelona, proxectado polo arquitecto Lluís Domènech i Montaner. Foi construído entre 1902 e 1930 en dúas fases: a primeira, realizada por el mesmo entre 1902 e 1913, consta de 13 edificios modernistas; a segunda, realizada polo seu fillo Pere Domènech i Roura a partir de 1920, conta con seis edificios máis, dun modernismo moderado, ademais doutras construcións posteriores. Aínda que non se desenvolveu integramente todo o proxecto orixinal, a súa notoriedade foi recoñecida por varios premios e co recoñecemento como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1997.

Edificado como centro hospitalario moderno e innovador, logo de cen anos deixou de cumprir esa función e, actualmente, está sendo restaurado para albergar centros vinculados coa secretaría xeral da Unión polo Mediterráneo, situada en Barcelona. As súas funcións hospitalarias foron trasladadas a un novo hospital dentro do mesmo perímetro do recinto en sintonía coas necesidades do século XXI.

Construído cos materiais e a decoración propia dun modernismo con inspiración neogótica, destaca a profusión da cerámica, con funcións profilácticas e decorativas, ladrillo visto e esculturas que incorporan unha amplia iconografía onde se mostra a visión relixiosa e historicista do seu autor.

Pola gran cantidade de edificios, a súa riqueza ornamental e o seu nivel de conservación, o Hospital de Sant Pau é o conxunto máis grande da arquitectura modernista catalá.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hospital de la Santa Creu i Sant Pau Modificar a ligazón no Wikidata