Museo Nacional de Arte de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Palau Nacional, sede principal do MNAC

O Museo Nacional de Arte de Cataluña (en catalán: Museu Nacional d'Art de Catalunya), tamén coñecido polas súas siglas MNAC, está situado na cidade de Barcelona. Destaca pola súa colección de arte románica, considerada como unha das máis completas do mundo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O museo naceu en 1990 coa unión das coleccións do Museu d'Art Modern (Museo de Arte Moderna), creado en 1945, e o Museu d'Art de Catalunya (Museo de Arte de Cataluña), inaugurado en 1934. Xunto ás pezas procedentes destes museos vanse engadir unha nova sección de numismática, outra de gravados, así como os fondos da Biblioteca General d'Història de l'Art. Máis tarde, en 1996, xuntouse un novo departamento dedicado á fotografía.En 2006 os fondos do museo posuían case 250.000 obras en diferentes coleccións. Ademais das exposicións permanente e itinerantes, o museo realiza tamén outras funcións como a conservación e restauración de obras de arte.

El MNAC é un consorcio constituído polo Concello de Barcelona, a Deputación de Barcelona e o Ministerio de Cultura. No patronato do museo están representados, ademais das administracións públicas, os particulares e entidades privadas que colaboran co museo.

Das coleccións destaca a dedicada á arte románica. O museo expón unha serie de pinturas murais, que o converten en único no mundo. Tamén se mostran diversas tallas en madeira, pezas de ourivesaría, esmaltes e esculturas en pedra. A maioría das pezas son exemplares da arte románica de Cataluña.

Do período gótico o museo mostra pezas realizadas con diversas técnicas que serven para ilustrar este período histórico en Cataluña. Na sección dedicada ao Renacemento e ao Barroco destaca a colección particular de Francesc Cambó, que foi doada desinteresadamente.

O MNAC acolle desde 2004 obras da colección Thyssen-Bornemisza. Nun principio as obras estiveran no Mosteiro de Pedralbes, mais decidiuse trasladala para facilitar as visitas do público. Móstranse pinturas dos períodos comprendidos entre o gótico e o rococó.

A sede principal atópase situada no Palau Nacional (Pazo Nacional), edificio situado na montaña de Montjuïc, inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional celebrada na cidade. Ademais outras tres institucións forman parte do conxunto museístico: a Biblioteca Museu Víctor Balaguer de Vilanova i la Geltrú; o Museu Comarcal de la Garrotxa en Olot; e o Museu Cau Ferrat de Sitges.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]