Amy Winehouse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amy Winehouse
Amy Winehouse by bottelho.jpg
Nome completo Amy Jade Winehouse
Alias
Naceu 14 de setembro de 1983
Orixe Southgate, Londres Inglaterra
Morreu 23 de xullo de 2011 (27 anos)
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) Voz
Tipo de voz Contralto
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo 2003–2011
Web
Amy Winehouse f5086335.jpg
Amy Winehouse Eurockeennes 2007.jpg

Amy Jade Winehouse, nada o 14 de setembro de 1983 e finada o 23 de xullo de 2011, foi unha cantante e compositora xudeo-británica de soul.

Índice

[editar] Traxectoria

O seu álbum debut, Frank, editado en 2003, foi nominado aos Premios Mercury Music e gañou un Premio Ivor Novello en 2004 polo seu sinxelo "Stronger than me". En 2006, Amy sacou o seu segundo álbum, Back to Black. O 14 de febreiro de 2007 gañou un Brit award na categoría de "Mellor Artista Británica". En xuño de 2007, Winehouse foi novamente nominada aos Mercury Prize, por Back to Black; o seu disco alcanzou o platino en Estados Unidos e, como broche de ouro, conseguiu tres nominacións aos MTV Video Music Awards de 2007; ese mesmo ano, en novembro, lanzou Back To Black Deluxe Edition, reedición do seu exitoso álbum Back to Black, e o seu primeiro DVD titulado Told You I Was Trouble.

O 10 de febreiro de 2008, celebrouse a cerimonia de entrega dos Premios Grammy 2008, onde Amy Winehouse resultou ser a gran gañadora da noite, levando cinco dos seis premios aos que estaba nominada, entre eles: mellor artista nova, gravación do ano, canción do ano, mellor interpretación feminina de pop por "Rehab", ademais de mellor álbum pop vocal por Back to Black, pero non puido asistir á cerimonia debido a que nun primeiro momento, Estados Unidos lle denegou o visado debido ó «uso e abuso de narcóticos», e aínda que esta decisión foi reconsiderada, o visado non chegou a tempo para que a artista puidese asistir á gala. Finalmente interveu vía satélite desde Londres, interpretando dous das súas cancións máis exitosas.

[editar] Vida persoal

O seu pai revelou que os médicos lle diagnosticaron un enfisema pulmonar, unha enfermidade incurable, que impide respirar. "Os médicos dixéronlle que se volve fumar drogas non só arruinará a súa voz, tamén a matará.", comentou nunha entrevista ao Sunday Mirror.

[editar] Demacrada polas drogas

Asi mesmo, o seu pai sinalou: "Ao fumar crack e cigarros, os seus pulmóns están feitos po. Ten nódulos ao redor do peito e marcas escuras. Ten o 70% da capacidade pulmonar", dixo. Tamén se enfrontou a problemas de alcoholismo.

O 23 de xullo de 2011 sobre as 16:00 hora local (BST, UTC+1), o corpo de Amy Winehouse foi atopado sen vida no seu apartamento en Camden, Londres, pola policía londinense.[1]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas