Jessie J

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jessie J
Who You Are.png
Jessie J in NYC3.jpg
Jessie J actuando en NYC en 2011.
Nome completo Jessica Ellen Cornish.
Naceu 27 de marzo de 1988 (26 anos).
Orixe Basildon, Essex, Reino Unido.
Ocupación (s) Cantante.
Xénero Pop, R&B e soul.
Instrumento(s) Voz.
Selo(s) discográfico (s) Gut, Lava, Universal Republic e Island Records.
Tempo en activo 2006 -

Jessica Ellen Cornish, nada o 27 de marzo de 1988 en Basildon, Essex, Reino Unido, coñecida como Jessie J, é unha cantante e compositora británica. En febreiro de 2011 gañou o premio elección dos críticos nos Brit Awards.[1] Foi aclamada polo cantante Justin Timberlake como «a mellor cantante do mundo do momento».[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu álbum debut, Who You Are, foi lanzado ao mercado o 25 de febreiro de 2011 e acadou un bo recibimento comercial.[3] Entrou nos repertorio dos más vendidos na maioría dos países arredor do mundo, entre os que se atopan Australia, Canadá, Irlanda e Nova Zelandia.[4] Ademais vendeu máis dun millón de copias no Reino Unido.[5] Do álbum lanzáronse dous sinxelos, titulados «Do It Like a Dude» e «Price Tag», que obtiveron unha boa acollida comercial. O primeiro deles chegou ao número dous da lista UK Singles Chart, ademais recibiu un disco de ouro por parte da British Phonographic Industry, mentres que o segundo converteuse nun éxito número un en países coma Francia, Irlanda e Nova Zelandia, ademais de ser certificado en ocasións con discos de platino neses países.[6][7][8]

Foron lanzados, tamén, outros tres sinxelos do disco: «Nobody's Perfect», lanzado o 27 de maio de 2011 en iTunes,[9][10] «Who's Laughing Now», que logrou colocarse nos números dezaseis e vinte e oito das listas UK Singles Chart e Irish Singles Char,[11][12] e «Who You Are».[13][14] En medio da promoción do álbum, a cantante lanzou outro sinxelo pertencente a súa edición de luxo, chamado «Domino», que obtivo boa recepción en Australia, Nova Zelandia e os Estados Unidos de América, neste último converteuse no primeiro top 10 da cantante, mentres que no Reino Unido converteuse no seu segundo número un, detrás de «Price Tag».[15][16][17][18][11] O último sinxelo do disco, «LaserLight», acadou a quinta posición da lista UK Singles Chart, o que converteu a Jessie na primeira e ata o de agora única cantante británica en ter seis sinxelos top 10 dun mesmo álbum nesa lista[19][20]

Por outra banda, Jessie tamén ten escrito cancións para outros artistas baixo o seu nome real, Jessica Cornish. Entre elas atópanse «Party in the U.S.A» de Miley Cyrus, «Repeat» de David Guetta —onde tamén colabora como voz principal—, e «I Need This» de Chris Brown; esta última tamén foi interpretada por ela e incluída en Who You Are.[21][22][23][24] Para abril de 2012, a cantante tería vendido un total de 13,5 millóns de copias dos seus materiais discográficos.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ganadores de los Brit Awards 2011". Rolling Stone. 15 de febreiro de 2011. http://www.rollingstone.com.mx/noticias/ganadores-de-los-brit-awards-2011/. Consultado o 18 de setembro de 2011. 
  2. Timberlake, Justin. "Jessie J is the BBC Sound of 2011" (en inglés). http://www.bbc.co.uk/music/soundof/2011/artists/jessiej/. Consultado o 10 de marzo de 2011. 
  3. "iTunes - Who You Are by Jessie J" (en inglés). iTunes. 25 de febreiro de 2011. http://itunes.apple.com/gb/album/who-you-are/id417710508. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  4. "Ultratop - Who You Are" (en inglés). Ultratop. http://www.ultratop.be/nl/showitem.asp?interpret=Jessie+J&titel=Who+You+Are&cat=a. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  5. "Jessie J announces 2013 UK arena tour date at The O2" (en inglés). The O2. http://www.theo2.co.uk/general/jessie-j-announces-2013-uk-arena-tour-date-at-the-o2.html. Consultado o 26 de xullo de 2012. 
  6. "UK Singles Chart - Do It Like a Dude" (en inglés). BPI. 22 de xaneiro de 2011. http://www.theofficialcharts.com/archive-chart/_/1/2011-01-22. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  7. "BPI Certified Awards" (en inglés). British Phonographic Industry. http://www.bpi.co.uk/certifiedawards/Search.aspx. Consultado o 27 de setembro de 2011. 
  8. "Ultratop - Price Tag by Jessie J" (en inglés). Ultratop. http://www.ultratop.be/nl/showitem.asp?interpret=Jessie+J+feat%2E+B%2Eo%2EB&titel=Price+Tag&cat=s. 
  9. "iTunes UK - Jessie J "Nobody's Perfect"" (en inglés). iTunes. 27 de maio de 2011. http://itunes.apple.com/gb/album/nobodys-perfect/id438772950. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  10. "Jessie J reveals next single choice" (en inglés). Digital Spy. 28 de febreiro de 2011. http://www.digitalspy.co.uk/music/news/a306208/jessie-j-reveals-next-single-choice.html. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  11. 11,0 11,1 "Jessie J history at UK Singles Chart" (en inglés). The Official Chart. http://www.theofficialcharts.com/artist/_/jessie%20j/. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  12. "Irish Chart History - Jessie J" (en inglés). Hung Medien. http://irish-charts.com/showinterpret.asp?interpret=Jessie+J. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  13. "Jessie J unveils new track 'Domino' - Listen" (en inglés). Digital Spy. 17 de agosto de 2011. http://www.digitalspy.co.uk/music/news/a335495/jessie-j-unveils-new-track-domino-listen.html. Consultado o 15 de setembro de 2011. 
  14. "Jessie J to release Who You Are as fifth single" (en inglés). Digital Spy. 13 de setembro de 2011. http://www.digitalspy.co.uk/music/news/a340094/jessie-j-to-release-who-you-are-as-fifth-single.html. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  15. "Jessie J - Who You Are Deluxe" (en inglés). Allmusic. http://allmusic.com/album/who-you-are-deluxe-edition-r2334002. Consultado o 15 de decembro de 2011. 
  16. "Australian Chart - History by Jessie J" (en inglés). hung Medien. http://australian-charts.com/showinterpret.asp?interpret=Jessie+J. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  17. "New Zealand Chart History - Jessie J" (en inglés). Hung Medien. http://charts.org.nz/showinterpret.asp?interpret=Jessie+J. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  18. "Billboard - Jessie J Chart History" (en inglés). Billboard. http://www.billboard.com/#/artist/jessie-j/chart-history/1608744?f=379&g=Singles. Consultado o 12 de maio de 2012. 
  19. "Jessie J history at UK Singles Chart" (en inglés). The Official Chart. http://www.theofficialcharts.com/artist/_/jessie%20j/. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  20. Alan Jones (23 de abril de 2012). "Official Charts Analysis: Adele needs just 17k album sales for 23rd week at No.1" (en inglés). Music Week. http://www.musicweek.com/news/read/official-charts-analysis-adele-needs-just-17k-album-sales-for-23rd-week-at-no1/048666. Consultado o 18 de maio de 2012. 
  21. "Miley Cyrus - "Party in the U.S.A"" (en inglés). Billboard. 24 de agosto de 2009. http://www.billboard.com/new-releases/miley-cyrus-party-in-the-u-s-a-1004005901.story#/new-releases/miley-cyrus-party-in-the-u-s-a-1004005901.story. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  22. "Koda Kumi - "4 Times"" (en inglés). Discogs. http://www.discogs.com/Koda-Kumi-4-Times/release/3057078. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  23. "Allusic - Jessie J "I Need This"" (en inglés). Allmusic. http://allmusic.com/song/i-need-this-t23109389. Consultado o 2 de octubre de 2011. 
  24. "Jessie J reveals "Who You Are" tracklist" (en inglés). The Grape Juice. 25 de xaneiro de 2011. http://thatgrapejuice.net/2011/01/jessie-reveals-who-are-tracklist/. Consultado o 24 de setembro de 2011. 
  25. "Jessie J makes UK chart history with "Laserlight"" (en inglés). Telegraph. 23 de abril de 2012. http://www.telegraph.co.uk/culture/music/music-news/9220856/Jessie-J-makes-UK-chart-history-with-Laserlight.html. Consultado o 21 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jessie J Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]